Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 22/10/2012
O Comité de Dokesim (no que se atopan representados UGT, CIG e CCOO) xa iniciou as accións legais precisas para defenderse deste atropelo, presentando dous conflitos colectivos. “Á conciliación do primeiro a dita empresa nin se personou”, explica nun comunicado o Comité.
A maiores, as traballadoras e traballadores, en asemblea, decidiron que o Comité enviara escrito de protesta ao Xerente da Empresa e solicitara reunión coa Dirección-Xerencia do HULA para expoñer esta situación e proceder ao inicio de mobilizacións.
O calendario de protestas comezarán coa concentración das traballadoras/es no vestíbulo do HULA á hora do seu descanso nas quendas de mañá e de tarde, ás 9,30hs e ás 18,30hs, os días 23, 25, 30 e 31 de outubro e os días 6 e 8 de novembro.
O persoal acordou convocar estas mobilizacións “co fin de facer pública a súa protesta polo que consideran un roubo salarial que só serve para enriquecer aos propietarios da marca, e de forzar a presenza da empresa na conciliación que queda pendente”.
1