Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 29/10/2012
A mobilización foi secundada por todos os empregados/as, a excepción dun encargado que leva só un par de meses na compañía, polo que a cafetería estivo practicamente sen actividade. Dende a CIG-Servizos explicaron que se puxeron en contacto coa Inspección de Traballo para denunciar que a dirección decidiu desprazar tres persoas doutro centro de traballo “a pesar de que non están adscritas a contrata”.
Os empregados/as decidiron convocar a folga para denunciar a ruptura das negociacións do novo convenio colectivo, que non produciron avances até o de agora. Ao mesmo tempo, critican os problemas no cobro de salarios, con atrasos dende o mes de xaneiro. A compañía tamén lles adebeda varios salarios e pagas extraordinarias.
Os afectados/as aproveitaron a xornada de paro para concentrarse cunha faixa ás portas da cafetería.
1