Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 31/10/2012
A mobilización serviu para denunciar o incremento de suicidios provocados “por esta estafa” (máis dun cento en sete anos), e trasladar solidariedade ás familias que perderon os seus seres queridos. “Queremos que sintan o apoio de todos/as e que todos mostremos o noso rexeitamento a este abuso continuado por parte das entidades financeiras e dos seus gobernos cómplices”, explican.
Ao mesmo tempo, lembraron que cada desafiuzamento afecta a unha media de tres persoas, polo tanto 500.000 desafiuzamentos suporían 1.500.000 de persoas sen casa e co seu correspondente drama familiar, “mentres que os verdadeiros responsables deste xenocidio financeiro son premiados con indemnizacións e xubilacións multimillonarias”.
Tras a concentración ás portas da sede principal de NCG Banco, os participantes na protestan realizaron unha cadea humana que rodeou as distintas oficinas bancarias situadas na zona. O acto rematou cun minuto de silencio por todas as vítimas da crise.
1