Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 2/10/2008
A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:
No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.
Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.
Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...
Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro
|
CONCENTRACIÓNS |
|
A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo. |
|
A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno |
|
Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España. |
|
Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno. |
|
Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical |
|
Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno. |
|
Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza. |
|
Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés. |