Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 19/11/2008
A empresa mantén a súa intención de botar 105 empregados en decembro
O persoal de Atento toma de novo as rúas para rexeitar os traslados a León
O cadro de persoal de Atento prosegue co seu calendario de protestas para rexeitar de forma tallante os 27 traslados de compañeiros ao centro de traballo que esta empresa do Telemárketing ten en León. A filial de Telefónica mantén a súa intención de despedir en decembro 105 empregados coruñeses pertencentes ao servizo do “11822”.

Atento 19 novembro

Persoal de Atento volveu cortar o tránsito durante 15 minutos á tardiña do 19 de novembro na rúa Juan Flórez, xusto diante do centro de traballo. As protestas hanse repetir os días 24 e 26 de novembro.

Por outra banda, a CIG e representantes da súa sección sindical neste empresa manterán unha xuntanza o 20 de novembro en Compostela con Pilar Cancela, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta, para analizar a situación creada nas últimas semanas en Atento-A Coruña.

A xuízo de Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, no caso de Atento están a prevalecer os compromisos electorais do PSOE en León fronte ao mantemento dos postos na Coruña.

Novas relacionadas

1