Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 11/2/2009
Video en exclusiva gravado para este xornal dixital
A CIG de Valdeorras denunciará ante Medio Ambiente as balsas de augas residuais sen illar desta fábrica
En exclusiva para Avantar, disponibilizamos unhas imaxes da louseira de Valdeorras Ipisa, onde se pode ver a situación de dúas balsas  que supoñen un grave risco para todos/as os habitantes da comarca de Valdeorras, xa que a louseira está a botar ás aguas residuais sen depurar que se empregan na fabrica da Medua para o serrado da lousa diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei. Nos próximos dias estas gravacións entregaranse nunha denuncia á Consellaria de Medio Ambiente, para que sexa coñecedora do que está a acontecer en Ipisa.

Balsas contaminantes e ilegais de Ipisa

Iberoitaliana de Pizarras IPISA está a imcumprir sistematicamente as máis elementais medidas de seguridade e hixiene, poñendo en grave riscos a todos/as os/as traballadores/as, mais agora vimos de coñecer da man da CIG de Valdeorras unha denuncia xa que esta fábrica está a incumprir gravemente a normativa sobre medio ambiente 

Ademais, todo isto agrávase máis, xa que tamen incumpre as normativas medioabientais. A CIG de Valdeorras subliña que "isto supón un grave risco para todos/as os habitantes da nosa comarca, en Valdeorras, xa que está a botar as augas residuais sen depurar que se empregan na fábrica da Medua para o serrado da lousa diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei. Isto é un grave perigo, xa que a auga que se utiliza no serrado da lousa (son miles de litros de agua misturados con toneladas  de lodo) fíltrase na terra  e como consecuencia nos manantiais dos arredores e o resto vai diretamente ao rio Sil, todo co agravante que se ditas balsas rompen miles de litros de auga contaminada irán parar ao rio Sil, xunto con toneladas de lodo".

Posíbeis danos graves para a comarca

Asi, desde a CIG de Valdeorras subliñan que "isto pode causar graves danos na fauna, mais tamén nas persoas e nos seus bens, xa que ao caron do rio Sil e da Medua para baixo están as vilas de Sobradelo, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín, e nestas vilas viven ao redor dunhas 25.000 persoas.

Sospeitas de que non se recicla o aceite da maquinaria

Desde a central sindical nacionalista adiantan que "ademais de todo isto que nos parece gravísimo, únese ás sospeitas de que os aceites de maquinaria non se reciclan, tamén o poñeremos en coñecemento da Consellaria de Medio Ambiente". 

Por último, a CIG de Valdeorras indica que "nos vindeiros dias poñeremos todo isto en coñecemento das autoridades para que tomen as medidas oportunas e agardamos que sexa o máis pronto posíbel, xa que estamos a falar de algo moi grave, non só para o Medio Ambiente senón tamen para as persoas".

1