Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 27/2/2009
O novo centro de FORGA ocupa 1.500 metros cadrados e terá como obxectivo a cualificación profesional tanto de traballadores/as ocupados/as como en situación de desemprego, facendo especial incidencia nas especialidades relacionadas co sector naval. Nalgunhas da especialidades que impartirá será un centro pioneiro na comarca, tal é o caso de pintor-chorreador ou habilitación naval, ambas as dúas con importante demanda dentro da construción naval.
Outro dos obxectivos do centro será a intermediación no mercado de traballo, entre ofertantes de emprego e demandantes, para o que se contará cunha bolsa de emprego coas persoas que rematen as accións formativas.
As especialidades nas que está homologado o centro son:
1. Aplicacións Informáticas de Xestión
2. Informática de usuario
3. Celador Sanitario
4. Caldereiro Industrial
5. Axustador Mecánico
6. Técnico Auxiliar en Deseño Gráfico
7. Deseñador Web e Multimedia
8. Electricista Industrial
9. Tubeiro Industrial
10. Monitor Sociocultural.
Á inauguración acudiron, como convidados, Pablo Villamar Díaz (Vicepresidente da Deputación de Coruña), Xosé Manuel Blanco Suárez (Alcalde de Narón), José Domínguez e Tomás Casquero (presidente e xerente de ACLUNAGA, respectivamente). Tamén estiveron presente membros do Padroado da Fundación e da Executiva Nacional da CIG.
1