Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 19/5/2009
Con esta decisión exclúese a milleiros de cidadáns e cidadás, impedíndolles o exercicio do dereito universal ao sufraxio libre, directo e secreto, e conculcando o dereito a decidir dos distintos pobos e nacionalidades que conforman o Estado español.
Asemade, esta decisión do Goberno semella que tenta desviar a atención da dramática situación na que se atopan millóns de homes e mulleres que perderon o seu posto de traballo ou están en condicións laborais precarias. Persoas que poderían somarse ás alternativas que denuncian un modelo social inxusto, aseado na acumulación de riqueza a partir da especulación, que se mantén mediante a demagoxia e o fraude que cometen apresentándose como defensores e paladíns dunha sociedade presuntamente libre e plural.
Con esta ilegalización queda en evidencia o interese dos partidos españois, PP e PSOE, de silenciar aos discrepantes tamén mediante políticas claramente represivas.
En consecuencia, a CIG amosa a súa oposición á exclusión electoral de Iniciativa Internacionalista, e quer expresar a súa solidariedade cos compañeiros e compañeiras que conforman esta Candidatura.1