Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 12/2/2008
Exixe o cumprimento das resolucións da ONU e o respecto ao dereito internacional
A CIG asina o manifesto en demanda do cese do bloqueo de Israel a Palestina e a prol do diálogo para acadar a paz
Organizacións sociais, fundacións e particulares veñen de asinar un manifesto “ante os terribles acontecementos actuais que contribúen a prolongar a desesperación da poboación palestina”, para demandar a Israel o cese do bloqueo, a renovación do diálogo e a negociación como vías para pacificar os Territorios Ocupados.

neno palestino
“Exhortamos ao Goberno español, á Unión Europea e á comunidade internacional a esixir a Israel que cumpra cos seus compromisos e respecte o dereito internacional humanitario e os dereitos humanos da poboación palestina; denunciamos ademais o reiterado castigo colectivo á poboación de Gaza”.
Manifesto

«Ante a actual situación da poboación de Gaza:

-EXHORTAMOS ao Goberno español, á Unión Europea e á comunidade internacional a esixir a Israel que cumpra cos seus compromisos e respecte o dereito internacional humanitario e os dereitos humanos da poboación palestina; denunciamos ademais o reiterado castigo colectivo á poboación de Gaza.

-SOLICITAMOS á comunidade internacional que exprese maior firmeza ante as numerosas e reiteradas violacións dos dereitos máis fundamentais da poboación árabe dos Territorio Ocupados de Palestina, que non sexa cómplice desa situación e denuncie enerxicamente as deliberadas exaccións do Exército, susceptibles de constituír o equivalente a un xenocidio.

-RECLAMAMOS unha vez máis a Israel o cumprimento das resolucións da ONU ou, en caso contrario, á comunidade internacional que adopte, en coherencia coa actitude cara a outros Estados, as medidas oportunas para que Tel Aviv respecte tales decisións encamiñadas ao respecto da poboación palestina».

1