Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 21/12/2007
Protagonizan tres concentracións ao longo da semana
Funcionarios/as diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra contra a perda de poder adquisitivo
A cidade de Pontevedra acolle ao longo desta semana tres concentracións diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra dos funcionarios e funcionarias da Administración xeral do Estado porque durante a actual lexislatura os salarios dos traballadores/as públicos continúan a perder poder adquisitivo.

Concentración funcionariado subdelegacion do governo de pontevedra

Mércores 19 de decembro, xoves 20 e venres 21 son as datas de tres concentracións dos funcionarios e funcionarias da Administración xeral do Estado contra a perda de poder adquisitivo, nunha convocatoria realizada pola Federación da Administración Pública da CIG.

Os orzamentos do Estado recollen un incremento retributivo para os anos 2007 e 2008 dun 3% que, con carácter xeral, aplicarase a todo o persoal das distintas administracións públicas (estatal, autonómicas e locais). Así mesmo, permítese ás distintas administracións complementar estes incrementos cos acordos que en cada ámbito se pacten.

No caso da Administración xeral do Estado, durante o mes de novembro de 2007 acadáronse acordos de incrementos retributivos complementarios, consistentes en:

1. Establecemento dun sistema de Carreira Profesional para o persoal da Axencia Estatal Tributaria.

2. Reparto dun 0,3% adicional, destinado a incrementar as retribucións complementarias de determinados colectivos.

Segundo o rexistro de persoal, dependen da Administración xeral do Estado un total de 230.000 empregados/as, e o número de postos de traballo afectados polos incrementos retributivos selectivos alcanza un total de 40.000, polo que os salarios dos restantes 190.000 funcionarios/as (máis do 75% do persoal) quedan afectados unicamente polo incremento xeral (3%).

Afectados por acordos de incrementos selectivos

Total empregados AGE

Persoal que perde poder adquisitivo

Axencia Tributaria

Fondos 0,3

Total

27.000

13.000

40.000

230.000

190.000

Isto sucede nun momento no que, segundo declaracións do ministro de Economía “os orzamentos para 2008 culminan a lexislatura cos mellores resultados económicos da democracia; o Estado rexistrou até outubro un superávit de 28.218 millóns de euros, o 2,68% do PIB”.

A pesares das promesas feitas por Zapatero durante a campaña electoral ao respecto de recuperar o poder adquisitivo na función pública, os traballadores da Administración denuncian “como na actual lexislatura os incrementos retributivos incluídos nos orzamentos sitúanse un punto porcentual por baixo do alza do IPC”.

Ano

% de incremento retributivo

IPC

Diferenza

 

Xeral

Pagas extra

Fondos AGE

Total

   
2004

2

0,7

0,3

3

3,5

-0,5

2005

2

0,7

0,3

3

3,4

-0,4

2006

2

1

0,3

3,3

2,6

+0,7

2007

2

1

0,3

3,3

4,1

-0,8

Totais

8

3,4

1,2

12,6

13,6

-1,0

Neste contexto, os funcionarios/as da Administración xeral do Estado iniciaron un proceso de mobilizacións, que comezaron con concentracións diante da Delegación e Subdelegacións do Goberno na terceira semana de decembro. O lema destas mobilizacións foi “Acordos pata todos/as”, co que “pretendemos demandar o establecemento dun sistema de carreira administrativa para todo o persoal da Administración xeral do Estado, a extensión dos acordos de reparto de fondos adicionais a todo este persoal e o establecemento de medidas que compensen a perda de poder adquisitivo”.

1