Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Laboral Laboral
10/2/2012 Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais
Centos de empregados/as públicos/as participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.
10/2/2012 Conseguen fixar para a vindeira semana unha xuntanza entre o Comité e a Xerenta da Universidade
O persoal da limpeza da USC continúa coas mobilizacións para exixir a retirada da proposta de recortes na contrata que fixo a Universidade. Recortes que, de efectivizarse, terían graves consecuencias laborais e salariais. Por iso, esta mañá, tras dunha concentración na Praza do Obradoiro, diante do Reitorado, volvéronse pechar na Casa da Balconada, coincidindo coa celebración dunha xuntanza de persoal da USC coa Xerenta.  Transcorrida aproximadamente unha hora da ocupación entrou nas dependencias universitarias, por vez primeira en anos, a policía nacional.
10/2/2012 Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”
A Confederación Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar as relacións laborais. O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.
10/2/2012 A CIG de Ferrol desenvolve un programa de actos nos concellos da comarca para evidenciar que fronte a crise, hai alternativas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou na tarde do xoves un acto reivindicativo no Concello de Cedeira, dentro do programa acordado con motivo da campaña “Outro modelo económico e social é posíbel. Contra a crise, hai alternativa”, que incluíu unha concentración na Praza de Galiza de Cedeira na que se esixiu un cambio de rumbo nas políticas de recortes e ataques á clase traballadora aplicadas polos gobernos até o momento.
10/2/2012 O xoves realizarán unha nova concentración nos centros de traballo e máis adiante outra fronte ao Marco
Máis de 400 empregados/as da delegación da Xunta de Galiza en Vigo realizaron este mediodía unha concentración de protesta diante do edificio autonómico para amosar o seu rexeitamento aos recortes laborais propostos polo Goberno galego. O vindeiro xoves levarán a cabo concentracións fronte aos centros de traballo e máis adiante convocarán outro fronte ao Marco.
10/2/2012 A decisión adoptada polo consello do principal acredor contempla a quita do 80% da débeda
O consello da sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) decidiu por ampla maioría adherirse ao convenio de Vulcano, o que abre unha porta á supervivencia do estaleiro vigués, que evita deste xeito ter que ir á liquidación da empresa. O acordo contempla a quita do 80% da débeda do estaleiro con sede no barrio de Teis.
10/2/2012 A CIG convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores, este sábado ás 11:30 horas en Compostela
O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nunha reunión coas delegadas e delegados, anunciou a integración do organismo na Axencia Galega de Servizos Sociais. O proceso de integración faríase en dúas fases: primeiro os Servizos Centrais e as Escolas Infantís (Galiñas Azuis) e, despois a Área de Benestar. A CIG denuncia que todo isto está previsto que se faga sen garantir, en ningún momento, os postos de traballo do persoal do ente, unha vez finalizado o proceso de integración.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com