6/2/2012
O Goberno local, do PP, tentou impor unhas condicións laborais sen negociar e á marxe das pactadas no convenio
O Xulgado Social número 1 de Ourense vén de facer
pública unha sentenza pola que se condena ao Concello de Viana do
Bolo por violación do dereito á negociación colectiva ao tentar
impor unhas condicións laborais ao seu persoal sen negociar e á
marxe das pactadas no convenio colectivo.
2/2/2012
A representación da CIG na Mesa Xeral de Negociación chama ao diálogo para evitar que a negociación se xudicialice
A Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do
Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de anular parcialmente a RPT
(Relación de Postos de Traballo) do Concello de Celanova que leva acumuladas xa
varias sentenzas na súa contra. O tribunal considera que a atribución dun tramo
fixo no complemento específico “non parte
dun exame dos postos de traballo senón dunha suposición infundada” e
continúa dicindo que contradí “a
obxectividade, como unha das características fundamentais do complemento
específico”.
24/1/2012
Convoca unha concentración no edificio administrativo de San Caetano, o venres 27 de xaneiro, ás 9:30 horas
O Comité de Empresa da consellaría de Traballo
e Benestar vén de manifestar o seu rexeitamento ao peche definitivo do Centro
de Menores de Montealegre, en Ourense, de titularidade e xestión pública. Denuncian
que con esta decisión terá como consecuencia a amortización de 12 postos de
traballo. Por iso anuncian a convocatoria dunha concentración o día 27 de
xaneiro, ás 9:30 horas, no edificio administrativo de San Caetano.
18/1/2012
A CIG de Ourense lamenta o papel xogado por CCOO, participando na práctica do medo e a represión da empresa
Logo do conflito mantido polo despedimento dunha traballadora da tenda de Lidl
en O Fonsillón (Barbadás), no que se realizaron diversas concentracións de
delegados e delegadas ante as tendas Lidl de toda a provincia, se repartiron
centos de panfletos cada semana nas portas dos comercios, se enviaron miles de
queixas vía internet á central da multinacional, e que rematou co recoñecemento
da improcedencia do despedimento antes de ter chegado ao Xulgado do Social, a
CIG ven de gañar as eleccións no centro que Lidl ten no Concello de Ourense, en
Casardomato.
17/1/2012
Un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da construción
A
Unión
Local
de
Valdeorras
da
Confederación
Intersindical
Galega (CIG)
organiza
a
partir
do
mes
de febreiro
unha
serie
de
cursos destinados
a
traballadores
e
traballadoras
en
activo
da
empresa
privada.
A
oferta
inclúe
dous
cursos,
un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da
construción.
4/1/2012
A CIG seguirá a denunciar o caso até que os responsábeis municipais apliquen a resolución da autoridade laboral
A Inspección de Traballo vén de recoñecer, despois das denuncias da CIG, un caso de acoso laboral a unha traballadora do Consorcio Internacional de Cine, organismo dependente do Concello de Ourense. Dende o sindicato nacionalista advirten que farán un seguimento do caso até que os responsábeis municipais restitúan á afectada en todas as súas funcións e realicen unha avaliación de riscos psicosociais cun protocolo para estes casos.
3/1/2012
A CIG denuncia que milleiros de mozos/as están a emigrar en busca dunha saída laboral
O número de ourensáns/ás inscritos nas oficinas do INEM a 31 de decembro de 2011 foi de 28.217, o que supón un incremento de 1.737 persoas con respecto ao ano anterior. Dende a CIG denuncian o impacto que o desemprego está a ter especialmente entre a xente nova e critican a ausencia de medidas do anunciado plan Impulsa da Xunta para a provincia.