Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
consellaría de Presidencia
22/9/2010 A protesta desenvolveuse coincidindo coa presenza do Conselleiro de Presidencia nas dependencias do alto tribunal galego
Delegadas/os sindicais na administración xudicial concentráronse esta mañá diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza na Coruña para demandar unha “negociación serie e real da nova Oficina Xudicial”. A protesta, convocada polas centrais presentes na Mesa sectorial, desenvolveuse coincidindo coa presenza de responsábeis políticos na sala de goberno do TSXG.
5/5/2010 Os/as delegados/as da central en A Coruña subliña que sería “máis viábel e menos custoso” instalar neste edificio as novas UPADs e os Servizos Comúns Procesuais
A CIG-Xustiza vén de rexeitar o Plan presentado pola Xunta para converter en sede xudicial á antiga Fábrica de Tabacos de A Coruña, pois entende que o seu custo, estimado en 20 millóns de euros, non xustifica unha obra que non solucionará os problemas actuais e que responde máis aos desexos particulares “de ter despachos grandes con vistas” que ás necesidades reais das dependencias xudiciais.
22/10/2009 O novo software provoca atrasos na tramitación dos procedementos
O Sector de Xustiza da CIG vén de denunciar o deficiente funcionamento do programa informático Minerva no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Pontevedra, que está a provocar atrasos nos trámites dos procedementos e que pode levar a un atasco “moi difícil de pórlle remedio”. Dende a central reclámase a Xunta que revise a instalación do software e busque unha solución urxente a este problema.
23/7/2009 A central exixe o cumprimento da normativa lingüística e garantías de que a cidadanía poida ser atendida en galego
A CIG-Autonómica reclamou o cumprimento da legalidade por parte da Xunta a respecto do uso do galego, tanto nas comunicacións internas como no contacto coa cidadanía. Nestes senso, criticouse que o goberno do PP teña recuado “de golpe 27 anos”, instalándose nun “bilingüismo preautonómico” moi lonxe da norma de Fraga ou Albor. Dende a CIG-Autonómica instouse á Xunta que cese nos ataques indiscriminados á nosa lingua e defenda o dereito de toda a cidadanía deste País a vivir en galego.
19/2/2009 Continúan as protestas en todos os actos nos que participa Pérez Touriño
Os traballadores e as traballadoras do CAE 112 continúan a súa campaña de mobilizacións a prol de acadar un acordo definitivo que permita a estabilidade das súas condicións de traballo. O persoal está “acompañando” a Emilio Pérez Touriño nos actos da campaña electoral con pancartas reivindicativas, nos últimos días estiveron xa en Vilagarcía, Cangar e O Grove.
28/1/2009 Critican a falla de previsión nun servizo “mal dimensionado e con pouco persoal”
Tras a situación caótica vivida unha vez máis no CAE 112 de Galicia durante o temporal dos días pasados, os membros do Comité de Empresa denunciaron a falla de previsión por parte da Axencia Galega de Emerxencias e anunciaron o inicio dunha compaña para dar a coñecer os verdadeiros responsábeis do caos vivido a pasada fin de semana.
26/11/2008 A consellaría emitiu un comunicado desligándose do conflito
Os traballadores e traballadoras do 112 exixiron, en rolda de prensa, que se recoñeza o dereito do cadro de persoal á subrogación, como xa ocorre con outras contratas da administración, para garantir a estabilidade laboral e mellorar a calidade do servizo. Isabel Moares, presidenta do Comité de Empresa, desmentiu ademais o contido do comunicado emitido pola Consellaría de Presidencia. Unha nota de prensa na que acusaba ao persoal de atender a intereses políticos e no que eludía toda responsabilidade na posíbel solución do conflito.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com