Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
emerxencias
8/9/2011 O persoal do sector realizou caravanas de vehículos, reparto masivo de folletos informativos e concentracións nas principais cidades
A FGAMT-CIG cualificou de “éxito” a xornada de folga no sector das ambulancias, convocada para este xoves 8 de setembro en contra dos recortes no servizo de transporte sanitario urxente decretados pola Xunta. E iso a pesar dos abusivos servizos mínimos estabelecidos pola Consellaría de Sanidade, que marcou a actividade do 100% na atención urxente do 061 e no servizo de diálise e oncolóxico e dun 50% nos traslados inter e intrahospitalarios. O paro, que se desenvolve sen incidentes, está secundado pola práctica totalidade dos traballadores/as non destinados a servizos mínimos.
29/1/2010 A marcha, convocada por CIG, UGT e CCOO, rematou diante da Deputación provincial logo dunha carga da policía
Arredor de mil persoas, entre bombeiros chegados de toda Galiza e delegados/as sindicais, participaron na manifestación convocada este venres en A Coruña, en contra da privatización dos servizos de emerxencia. A protesta, que transcorreu entre os ruídos das sirenas e os petardos, rematou diante do edificio da Deputación provincial, onde se produciu unha carga policial na que varios bombeiros resultaron feridos feridos, e onde tampouco foron recibidos os representantes dos traballadores/as polo presidente do organismo, Salvador Fernández Moreda.
28/1/2010 Trasladáronlle as súas demandas ao presidente da Deputación Rafael Louzán
Ás once e media da mañá ducias de bombeiros chegados de boa parte do país presentaban diante do Rexistro da Deputación un escrito no que se resumían todas as súas demandas, expresando deste xeito a súa desconformidade coa precariedade existente nas emerxencias, que son un servizo esencial para a comunidade e cuxa xestión está en mans de empresas privadas. Despois de presentar este escrito ocupaban estas instalacións até que foron atendidos polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
30/10/2009 Demandan a cración dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento
Ás 11 da mañá congregábanse, ás portas do Parlamento de Galiza, traballadoras e traballadores dos servizos de emerxencia para participar na manifestación en demanda da creación dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento e contra a súa privatización. A marcha non pasou desapercibida polas rúas de Compostela e os petardos e os botes de fume foron os protagonistas. A manifestación rematou en San Caetano coa lectura do manifesto conxunto asinado pola CIG, CCOO e UGT.
26/2/2009 Arredor duns 80 profesionais participaron nunha concentración diante da Dirección Xeral de Protección Civil
Arredor duns 80 bombeiros procedentes de todo o País participaron nunha concentración diante da Dirección Xeral de Protección Civil para demandar un servizo público galego de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento que garanta un servizo de cualidade para toda a cidadanía e remate coa precarización laboral neste ámbito.
28/1/2009 Critican a falla de previsión nun servizo “mal dimensionado e con pouco persoal”
Tras a situación caótica vivida unha vez máis no CAE 112 de Galicia durante o temporal dos días pasados, os membros do Comité de Empresa denunciaron a falla de previsión por parte da Axencia Galega de Emerxencias e anunciaron o inicio dunha compaña para dar a coñecer os verdadeiros responsábeis do caos vivido a pasada fin de semana.
9/9/2008 Reclaman que a Administración asume a súa responsabilidade
Un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do servizo de emerxencias 112 de Galiza acudía o 9 de setembro a unha nova marcha para reclamar que se escoiten as súas demandas, así como para facer entrega no edificio administrativo da Xunta das máis de 4.000 sinaturas de apoio que teñen recollido ao longo dos últimos meses.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com