14/5/2010
Recorrerá a todos os mecanismos ao seu alcance incluída a vía legal por ser totalmente contrario ao marco xurídico
A CIG-Ensino esixiu a Consellaría de Educación, en rolda de prensa, que retire o borrador de Decreto de Plurilingüismo, despois de que do ditame do Consello Consultivo o declara ilegal ao afirmar “ que resulta contrario ao ordenamento xurídico” e que contravén a legalidade vixente, nomeadamente a Lei de Normalización Lingüística, o Estatuto de Autonomía, a Carta Europea das Linguas Minorizadas e a propia LOE. Este ditame ven a sumarse ao rexeitamento de diferentes institucións, organizacións e entidades que están reclamando que se retire este proxecto.
25/3/2010
CIG-Ensino considera que estamos "ante un día negro para o noso idioma " e non desbota a posibilidade de volver convocar unha folga
A CIG-Ensino xunto con outras organizacións sindicais que representan, no seu conxunto, o 89% do profesorado abandonaron esta mañá a Mesa Sectorial Docente diante da negativa da Consellaría a negociar a súa proposta de Decreto. Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, manifestou, na rolda de prensa conxunta posterior á Mesa, que a consellaría deu mostras de que non tiña intención de negociar e que a Mesa Sectorial convocada era unha “absoluta farsa”. A CIG-Ensino adiantou ademais que non desbota a posibilidade de volver convocar unha folga no Ensino.
22/4/2009
Piden a convocatoria da Mesa Sectorial da OPE 2009 e que se manteña o decreto de uso e promoción do galego
A CIG-Ensino vén de solicitar unha entrevista
co Conselleiro de Educación para “coñecer de primeira man as primeiras medidas
que ten pensado levar a cabo a consellaría e exporlle as nosas propostas”. Dende
a Federación sinalaron que aproveitarán a ocasión para trasladarlle a
necesidade de que se convoque “urxentemente a mesa sectorial para tratar a OPE
2009, e que para a CIG-Ensino sería inaceptábel que se produciran medidas
involucionistas en materia de normalización lingüística”, nomeadamente coa intención
de derrogar o decreto do galego no ensino.
4/3/2009
Lembran que o galego continúa sen gozar no noso País dos mesmos dereitos que o español
A CIG-Ensino vén de emitir un comunicado diante da
actitude belixerante contra o galego, manifestada polo secretario xeral do PP e
próximo presidente da Xunta de Galiza “que chegou a anunciar a futura
derrogación do Decreto 124/07 de uso e promoción da lingua galega no ensino”. A
executiva da CIG-Ensino manifestou que “o futuro presidente
ten a obriga de desistir das súas intencións, por seren estas impropias de quen
di que quere ser o presidente de todos os galegos e galegas, do contrario a
CIG-Ensino reactivaría accións e iniciativas no ámbito do ensino para impedir
esta agresión ao noso idioma”.
26/11/2008
A Mocidade pola Normalización Lingüística sinalou que o paro foi seguido maioritariamente a pesar de “coaccións puntuais”
Máis dun 75% por cento do alumnado de segundo ciclo da ESO, ciclos
formativos e Bacharelato secundou o paro estudantil convocado o 26 de novemebro
pola Mocidade pola Normalización Lingüística e apoiado por Galiza Nova e
Comités baixo o lema “Paremos as agresións contra o galego”. Por etapas, o
seguimento foi maior no bacharelato e FP, en practicamente todos os casos
superando o oitenta por cento do alumnado.
25/11/2008
Demandan que se respecto o dereito a recibir unha educación de calidade en lingua galega
A Mocidade pola Normalización Lingüística,
Galiza Nova e Comités fixeron un chamamento ao Valedor do Pobo, Benigno López,
para que actúe ante o flagrante incumprimento do decreto 124/2007, polo que se
regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. O responsábel nacional da Mocidade pola
Normalización, Fran Rei, recordoulle a Benigno López que “o Valedor está para velar polo
cumprimento das leis que xa existen e non para dar abeiro a hipotéticas
reclamacións dos que non queren que se cumpran”.
8/5/2008
190 equipos de Normalización dimitirán se non hai un cambio de rumbo
Cento noventa equipos de normalización lingüística dos
centros de ensino galegos presentarán a súa dimisión se non hai un cambio de
rumbo na Consellaría de Educación para aplicar o actual decreto de promoción do
noso idioma no ensino non universitario.