23/2/2011
Xesús Seixo e Antolín Alcántara analizan o recorte das pensións pactado entre goberno, patronal e sindicatos estatais
O “Acordo Social e Económico” ten como principal obxectivo o trasvase de rendas derivadas do traballo cara o capital privado
a través dunha serie de medidas que reducen a cuantía das pensións,
aumentan a idade de xubilación de 65 a 67 anos e ampliación do período
de cálculo de 15 a 25, entre outras. Para Antolín Alcántara, secretario
de negociación colectiva da CIG e un dos entrevistados nesta
video-reportaxe, este acordo pretende “desmobilizar e desmotivar a clase traballadora”,
ademáis de verificar o papel de CCOO e UGT como axentes colaboradores
do sistema e lexitimadores dos recortes sociais e laborais.
2/2/2010
Convocará mobilizacións se se amplía a idade de xubilación e o cálculo da pensión
A CIG estaría disposta a mobilizarse se as medidas propostas polo Goberno para negociar no marco do Pacto de Toledo -ampliar o tempo de cálculo da pensión e atrasar a idade de xubilación- se aproban. Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva considera que estas medidas afectarían gravemente aos traballadores/as dos sectores máis castigados fisicamente e a aqueles/as que padecen con máis dureza a precariedade laboral: muller e mocidade.
12/1/2010
Defenderá a participación das traballadoras/es nos procesos de negociación e toma de decisión respecto dos contidos dos convenios
A CIG centrará os procesos de negociación colectiva en 2010 fundamentalmente nos salarios e na xornada laboral. Así o explicou esta mañá en rolda de prensa, Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, quen constatou que o recorte ou a contención salarial non garanten unha maior competitividade nin van favorecer unha máis rápida saída da actual situación de crise económica. Alén diso, a CIG defenderá a participación directa das traballadoras/es nos procesos de negociación para que sexan quen finalmente decidan sobre os contidos dos convenios e exixirá, segundo explicou Margarida Corral, secretaria confederal de Muller, que se desenvolva a Lei de Igualdade e que non se utilice como escusa a crise para frear os avances acadados nesta materia.
11/7/2008
Se a contención salarial freara a inflación, en Galiza sería un 30% inferior á estatal
O IPC do mes de xuño incrementouse nun 0,6% en
Galiza situándose no 5,4%, fronte ao 5% da media estatal. A CIG atribúe este
incremento á especulación, que afecta fundamentalmente ao cru e aos alimentos, pero
tamén ás altas taxas de beneficios empresariais, algo que a central vén
denunciando desde hai anos e que agora, por fin, tivo que recoñecer até o
propio Banco de España.
30/4/2008
Campaña do Primeiro de Maio
Achegar o sindicato aos veciños e veciñas, dar
a coñecer as posicións e os conflitos que se deron nestes últimos meses na comarca e
facer un chamamento á necesaria participación na manifestación convocada para
este Primeiro de Maio, máis dada a situación de crise económica que se nos ven
enriba, son algúns dos obxectivos que levaron á CIG de Compostela a instalar
unha carpa informativa na Praza Roxa.