Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dívida, neoliberalismo e classes sociais
02/09/2014Renaud Duterme
O que é necessário entender é que o neoliberalismo na realidade não passa duma casca ideológica que dissimula a reafirmação dum poder de cla...
Francia e a rebelión contra a austeridade en Europa
02/09/2014Ariel Noyola Rodríguez
Se o goberno de Hollande decide manter a austeridade fiscal e a contracción salarial, a debacle electoral do Partido Socialista francés sería in...
A supremacia dos Estados Unidos no Banco Mundial
02/09/2014Éric Toussaint
O Banco Mundial funciona sob o controlo apertado do governo dos Estados Unidos. Este país negoceia, com os governos de outras grandes potências c...
Ataques ao dereito de folga
02/09/2014Vidal Aragonés
Os parámetros en que se move o Estado supoñerían aínda máis dificultades para o desenvolvemento de folgas, así como a súa limitación a trav...
As ajudas massivas dos bancos centrais aos grandes bancos privados
29/08/2014Éric Toussaint
A partir de 2007, os governos e os bancos centrais dos países ocidentais mais industrializados, mergulhados na maior crise económica desde os anos...
Ucrânia: derrota e perspectiva
29/08/2014Jacques Sapir
Consellaría de Traballo
11/10/2013 A conselleira négase a recibilas e a dar resposta algunha ás súas demandas
As traballadoras da Residencia da terceira idade Valle Inclán, de Vilanova de Arousa, volveron concentrarse este xoves ás portas de San Caetano, diante da consellaría de Traballo, para exixir unha resposta ás súas demandas. Xoán Xosé Bouzas, da CIG-Salnés, denuncia que a conselleira negouse a recibilas e a dar explicación algunha a respecto da situación laboral que se vive nun centro sustentado con cartos públicos.
13/5/2013 Eliminaron os postos de traballo das persoas encargadas das tarefas de orientación laboral e da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas
A pasada semana, a Consellaría de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas para o control da fraude nas prestacións do Plan Prepara. Ante isto, o sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia o “cinismo” que amosa a consellaría, logo de ter destruído 223 postos de traballo nas oficinas de emprego entre xuño e decembro do 2012 e que “nestes días está a despedir a máis persoal”.
18/12/2012 Témense que sexa o inicio do control absoluto do Instituto por parte da consellaría de Traballo e alertan de que baixar a garda en prevención vai repuntar a sinistralidade
As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT ante o anuncio do presidente da Xunta de suprimir o rango de dirección xeral da Dirección do ISSGA, “como medida destinada ao adelgazamento da Administración”, consideran que se produce un mazazo en toda regra tanto á participación sindical nas políticas de prevención como á propia importancia que se lle concedía a esta materia no organigrama xeral da Administración galega.
23/11/2012 A Xunta leva 223 empregos destruídos na administración
A Dirección Xeral da Función Pública vén de anunciar a oferta de 71 postos de traballo nas oficinas do emprego. Oferta que, segundo o sector da Autonómica da CIG-Administración, responde á petición formulada pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da consellaría de Traballo de dotar de persoal funcionario as oficinas por mor do colapso que se lle vai presentar cando a 31 de decembro sexan rescindidos os contratos de traballo dos 109 orientadores laborais do plan extraordinario que foran contratados en xuño de 2011.
21/3/2012 O persoal continuou este mércores co calendario de mobilizacións en contra do despedimento de 165 traballadores/as
O persoal de Sykes Enterprises continuou este xoves o calendario de mobilizacións programado en rexeitamento das pretensións da multinacional do telemárketing de despedir a 165 persoas da plataforma da Coruña. O Comité manterá unha xuntanza coa Consellaría de Traballo a vindeira semana para abordar os termos do ERE.
2/3/2012 Tamén rexistraron a convocatoria a CUT, a CGT e a CNT e os catro sindicatos chamaron a CCOO e UGT a sumarse, para dar unha resposta conxunta e frear a reforma laboral
A CIG facía entrega formal, esta mañá, no rexistro da Consellaría de Traballo, da convocatoria de folga xeral, xunto coa CUT, a CGT e a CNT. Segundo explicou Suso Seixo “pretendemos así dar a imaxe de que aquí si existe unidade sindical. Outra cousa é que CCOO e UGT  sigan na ambigüidade”. O secretario xeral da CIG fixo un chamamento a estas centrais sindicais para que se sumen, mantendo aberta a posibilidade de mudar a data, se iso vai favorecer unha máis ampla resposta á reforma laboral, que supón, dixo, “o maior ataque que se fixo á clase traballadora desde a transición”.
22/9/2011 A CIG di non a cambiar emprego por cartos
A Administración, a instancias da Consellaría de Traballo e Benestar, vén de proporlles ás centrais sindicais asinantes do Convenio a modificación do mesmo substituíndo o descanso adicional derivado do traballo en domingos e festivos contemplado no artigo 19.5, pola remuneración deses días de descanso.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com