18/10/2011
A representación do persoal desminte as afirmacións do Conselleiro de Industria nas que asegurou que a Xunta outorgaría 8 millóns de euros á empresa
Os Comités das instalacións que o Grupo Einsa ten en Pontedeume e As Pontes iniciarán o xoves 20 de outubro as negociacións co mediador da Inspección de Traballo, Benigno Moure, de cara a buscar puntos de encontro entre traballadores/as e dirección para o ERE suspensivo, co que se pretenden evitar 40 novos despedimentos. Así, tras o fracaso do plano de negociación, agora os encontros co mediador realizaranse por separado entre empresa e Comités.
30/12/2010
A central nacionalista consegue 7 dos 9 delegados/as do comité de empresa
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais na factoría que Leite Celta ten en Andrade, Pontedeume, ao acadar 7 dos 9 delegados/as que integrarán o Comité de empresa. A central nacionalista foi a única organización capaz de presentar candidatura na mesa de especialistas, onde se xogaban cinco delegados/as.
29/7/2010
CIG-Correos demanda a súa dimisión pola “chapuceira” xestión dunha reforma que comezou hai catro anos
A CIG-Correos de Ferrol vén de denunciar a “ gran chapuza ” da Dirección de Correos nas obras de reforma da oficina de Pontedeume, á que se destinaron uns 220.000 € entre indemnizacións aos veciños, aluguer, gastos de mantemento, impostos e reformas de habilitación no garaxe, entre outros. Unha cantidade que, segundo os cálculos de CIG-correos tería permitido investir nunha oficina nova, sen problemas estruturais, ou formalizar 220 contratos de traballo durante 220 meses, garantido o servizo nas zonas da comarca que quedan sen repartir.
2/3/2010
Os feitos foron denunciados á Garda Civil, quen iniciou unha investigación ao respecto
O sector de Transporte da CIG denunciou esta mañá publicamente a tentativa criminal contra o delegado sindical da central en Ambulancias do Eume ao que hai unhas semanas lle manipularon á roda do seu vehículo particular coa intención clara de provocarlle un accidente. Afortunadamente o delegado non sufriu danos, pero tres mecánicos confirmaron que as torcas do coche foran afrouxadas dun xeito intencionado. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Garda Civil, que está a realizar investigacións.
11/5/2009
O centro acumulaba numerosas irregularidades en materia de seguridade e saúde laboral
A sección sindical da CIG en Correos valorou “de
xeito moi positivo” a decisión do organismo de trasladar a un novo local a
Oficina postal de Pontedeume, ao considerar que “era a única alternativa válida
posíbel para poñer fin á lamentábel situación na que se atopaba o persoal de
Correos nesta localidade”. Non obstante, lamentouse que decisión se tomase logo de case tres anos
durante os que os traballadores/as estiveron “soportando unhas condicións de
traballo penosas”.
8/4/2009
Convocada unha concentración o martes 14 de abril para exixir responsabilidades e reclamar o traslado do persoal
A oficina de Correos de Pontedeume rexistra múltiples
anomalías, segundo a avaliación realizada o 7 de abril por un técnico de
prevención riscos, que detectou entre outras eivas, que as medidas
correspondentes aos espazos da oficina que figuraban no plano de evacuación en
caso de emerxencia excedían as medidas reais da oficina. Dende a CIG de Ferrol
sinalaron que o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal convocaron unha
concentración o vindeiro martes 14 de abril para demandar o traslado do persoal
a unha nova oficina e exixir responsabilidades.
27/3/2009
A CIG de Ferrol reclama o traslado a un novo local e solicita a dimisión do responsábel de bens inmóbeis da provincia
A CIG de Ferrol vén de denunciar que a Oficina
de Correos en Pontedeume incumpre a normativa laboral de seguridade e saúde
laboral, polo que a Inspección de Traballo xa lle ten practicado unha Acta de
Infracción e requiriu a Correos que elabore un avaliación de riscos do lugar de
traballo. Dende a central reclámase o traslado a un novo local que cumpra os
requisitos mínimos de seguridade e non descartaron levar a cabo mobilizacións nesta
oficina.