15/3/2011
As Federacións da Área Pública da central sindical apelan á responsabilidade da Xunta para que deixe sen aplicación a medida en Galiza
A CIG manifestou hoxe en rolda de prensa a total oposición ao Proxecto de Real Decreto presentado polo goberno español ás organizacións sindicais, polo que se regulará a entrada de empresas de traballo temporal nas administracións públicas para desenvolver tarefas que até agora realizaba persoal laboral da Función Pública. As Federacións da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) valoraron moi negativamente esta normativa por canto supón un avance no proceso de privatización e desmantelamento progresivo dos servizos públicos e unha agresión ás condicións laborais dos/as empregados/as.
17/9/2010
A Policía española identificou a moitos dos asistentes en Vigo cando camiñaban pola rúa a pesar de que non se rexistraron incidentes
A afiliación máis nova da CIG desenvolveu este venres 17 unha xornada de loita nas sete cidades galegas co obxectivo de realizar un chamamento á participación da mocidade na folga xeral do 29 de setembro e denunciar o os ataques que se están acometendo contra os intereses da clase traballadora dende o poder, pero especificamente contra o que suporá a reforma laboral de empeoramento das condicións laborais e sociais para a xente moza. A pesar de que non se rexistraron incidentes, a Policía española retivo e identificou en Vigo a numerosas persoas cando camiñaban pola rúa.
7/7/2009
O Comité reclama a apertura dun proceso de negociación para acadar un acordo que garanta a estabilidade no emprego
Delegados e delegadas sindicais, convocados polo Comité de Empresa da multinacional Bosch, concentráronse nun dos centros de traballo de Vigo para protestar contra os 60 despedimentos realizados pola empresa no último mes. Dende o Comité reclaman a readmisión inmediata dos despedidos/as e a apertura dun proceso de negociación para acadar un acordo pola Estabilidade no Emprego.
13/5/2009
A CIG de Ferrol e a Federación de Químicas na comarca van denunciar estes feitos ante a Inspección de Traballo
A CIG de Ferrol e a Federación de Químicas na
comarca veñen de denunciar de xeito público “a constante sangría de
despedimentos colectivos encubertos” que se está a levar a cabo en Gamesa,
empresa situada no polígono industrial do Concello de As Somozas. Dende a
central denúnciase que nos primeiros meses deste ano tense producido o
despedimento de “cando menos 250 persoas entre traballadores e traballadoras de
ETT e do cadro de persoal principal”. Ademais, a empresa xa anunciou a súa
intención de proceder a rescindir o contrato a todo o persoal de empresas de
traballo temporal que aínda continúa en Gamesa, así como a 50 operarios/as propios
máis.
23/8/2007
A CIG denuncia estas coaccións perante a Inspección de Traballo
A Empresa de Traballo Temporal “Manpower Team” enviou cartas os seus empregados que traballan en Einsa nas que os ameaza con despedimentos e sancións no caso de que sigan apoiando a folga que manteñen os operarios desta empresa de artes gráficas. A Federación de Químicas e Enerxía da CIG xa denunciou estas coaccións na Inspección de Traballo.