24/6/2011
A dirección da empresa de telemárketing comunicou a medida ao remate da protesta para rexeitar 40 despedimentos anteriores
Unísono anunciou hoxe a presentación
dun Expediente de Regulación de Emprego extintivo que afecta a 151
traballadoras e traballadores do centro de Vigo xusto despois de que
rematase a concentración convocada polo comité de empresa para
rexeitar 40 despedimentos producidos recentemente. A dirección da
compañía de telemárketing convocou aos representantes sindicais
para entregarlles a documentación e iniciar o período de consulta
do ERE. Ao mesmo tempo, adiantou que 117 empregadas/os máis tamén abandonarán a empresa a partir do vindeiro 31 de xullo por fin de obra.
8/6/2011
Dende a CIG-Banca denuncian a actitude patronal, que mantén paralizado o acordo ao negarse a negociar a parte social
Ducias e
ducias de traballadoras e traballadores participaron hoxe nas
concentracións convocadas pola CIG nas principais empresas de
telemárketing na cidade de Vigo para protestar polo bloqueo da
negociación do convenio estatal de Contact Center.
3/6/2011
Dende a CIG-Banca denuncian a actitude patronal, que mantén paralizado o acordo ao negarse a negociar a parte social
Traballadores e traballadoras do
telemárketing da Vigo levarán a cabo o este mércores día 8
concentracións diante principais empresas do sector para demandar a
negociación dun convenio colectivo digno e con dereitos, para un
sector que en Galiza dá emprego a unhas 8.000 persoas. Esta xornada
de loita convocada pola Federación de Banca da CIG chega despois
das mobilizacións celebradas recentemente na Coruña.
1/6/2011
A patronal ten paralizadas as negociacións dende hai quince meses, mentres que os salarios dos/as traballadores/as continúan conxelados
Traballadores e traballadoras do telemárketing da Coruña concentráronse está mañá diante das principais empresas do sector para demandar a negociación dun convenio colectivo digno e con dereitos, que en Galiza dá emprego a unhas 8.000 persoas. As mobilizacións, convocadas pola Federación de Banca da CIG, terán continuidade o vindeiro 8 de xuño na cidade de Vigo.
27/5/2011
Realizaron concentracións de protesta ás portas da empresa na Gran Vía unha hora pola mañá e outra pola tarde
As traballadoras e traballadores de
Unísono en Vigo secundaron masivamente os paros convocados en
protesta polos plans de deslocalización que está a executar a
empresa de telemarketing e que provocaron o despedimento de 300
compañeiras/os no último ano. Coincidindo coa protesta, entre as
11.00 e as 12.00 horas pola mañá e de 17.00 a 18.00 pola tarde,
realizaron unha concentración diante do centro de traballo da Gran
Vía para esixir a readmisión das despedidas/os.
20/5/2011
Delegados/as sindicais concentráronse en Vigo para denunciar que a compañía de telemarketing está a desviar chamadas a Chile
Delegados/as sindicais de Unísono en
Vigo realizaron esta mañá unha concentración diante do centro de
traballo da Gran Vía para rexeitar os plans de deslocalización que
está a executar a empresa de telemarketing e que provocaron o
despedimento de 300 traballadores/as no último ano. Dende a sección
sindical da CIG anunciaron que seguirán coas mobilizacións e
denuncian tamén a paralización do convenio colectivo dende hai 15
meses.
3/5/2011
A empresa comunicou que procederá a gravar as conversas das/os teleoperadoras/s cos clientes e que poderá ceder os rexistros, mais sen solicitar o seu consentimento expreso tal e como ordena a lei vixente
A sección sindical da CIG en Atento A Coruña vén de remitir denuncia á Axencia española de Protección de Datos (AEPD) para que investigue a decisión da empresa de proceder a gravar as conversas dos/as traballadores/as cos/as usuarios/as do servizos e ceder datos identificativos do persoal para o control de calidade, sen especificar nin que datos se rexistrarán nin a que tipo de clientes se vai permitir o acceso aos mesmos.