25/10/2009
Asegura que a CIG só participará se se poden obter beneficios para a clase traballadora
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou no acto de clausura do V Congreso de CIG-Ensino, centrou a súa intervención en dous dos aspectos nos que a central sindical está a centrar o seu traballo neste período: a crise económica e as medidas que se están a adoptar para enfrontala e a posta en marcha, novamente, das Mesas de Diálogo Social.
14/10/2008
A CIG considera que foi unha xuntanza para cubrir a formalidade do diálogo social
Este luns día 13 de outubro, celebrábase unha
xuntanza, convocada pola consellaría de Economía, coas organizacións sindicais
máis representativas de Galiza –CIG, CCOO e UGT- para informar dos contidos dos
orzamentos da Xunta para o ano 2009. Suso Seixo, secretario xeral da CIG,
considera que se tratou simplemente de cubrir a formalidade e manter a imaxe de
diálogo social.
8/7/2008
Malia ser a segunda forza sindical en Galiza, a CIG non recibiu nin un borrador
O 13 de novembro de 2006 o Consello Confederal da
CIG acordaba abandonar as mesas de diálogo social para un Acordo Galego polo
Emprego. As razóns que daquela levaban á central a deixar estas mesas son as
mesmas polas que non participou na sinatura do chamado Acordo pola
Competitividade 2008-2011.