Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
diálogo social
2/2/2011 A central advirte que o pacto non terá repercusións na xeración de emprego e a saída á crise e demanda unha reforma da política fiscal e incrementar o investimento público
A CIG considera un exercicio de cinismo e un gran engano á cidadanía a posta en escena este mediodía da sinatura do “Acordo económico e social para o crecemento, o emprego e a garantía das pensións”. Para a central sindical este acordo, que contempla as propostas saídas do goberno e a patronal, supón unha clara entrega do sindicalismo estatal ao poder, mais non terá repercusións relevantes nin na saída á crise nin na xeración de emprego.
3/8/2010 A central nacionalista aposta por un novo modelo económico e social favorábel aos intereses da clase traballadora para superar a actual crise capitalista neoliberal
Aqueles que seguimos a acreditar na loita de clases e que pensamos que esta crise económica, e as súas posíbeis saídas, debe ir acompañada dun fondo debate ideolóxico sobre a necesidade de construción dun novo modelo económico e social, favorábel aos intereses da clase traballadora, sentimos unha fonda indignación cando vimos nos xornais, o pasado sábado, día 31, a foto dos secretarios xerais de CCOO e UGT xuntando as mans, todos sorrintes, co presidente da patronal galega e co máximo representante da dereita en Galiza, o presidente da Xunta, Sr. Feijoo.
24/3/2010 A Lei de Función Pública e o relativo á Ordenación dos Recursos Humanos estase derivando á Comisión de Seguimento do Acordo, onde só están UGT, CCOO e CSIF
CIG-Administración vén de demandar, na xuntanza da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, celebrada o pasado martes día 23 de marzo, que se sitúe a negociación nos ámbitos legalmente establecidos e que se evite negociar nun só ámbito (no da comisión de seguimento do acordo goberno-sindicatos para a Función Pública no marco do Diálogo Social  2010-2012).
25/10/2009 Asegura que a CIG só participará se se poden obter beneficios para a clase traballadora
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou no acto de clausura do V Congreso de CIG-Ensino, centrou a súa intervención en dous dos aspectos nos que a central sindical está a centrar o seu traballo neste período: a crise económica e as medidas que se están a adoptar para enfrontala e a posta en marcha, novamente, das Mesas de Diálogo Social.
14/10/2008 A CIG considera que foi unha xuntanza para cubrir a formalidade do diálogo social
Este luns día 13 de outubro, celebrábase unha xuntanza, convocada pola consellaría de Economía, coas organizacións sindicais máis representativas de Galiza –CIG, CCOO e UGT- para informar dos contidos dos orzamentos da Xunta para o ano 2009. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, considera que se tratou simplemente de cubrir a formalidade e manter a imaxe de diálogo social.
8/7/2008 Malia ser a segunda forza sindical en Galiza, a CIG non recibiu nin un borrador
O 13 de novembro de 2006 o Consello Confederal da CIG acordaba abandonar as mesas de diálogo social para un Acordo Galego polo Emprego. As razóns que daquela levaban á central a deixar estas mesas son as mesmas polas que non participou na sinatura do chamado Acordo pola Competitividade 2008-2011.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com