8/7/2008
Malia ser a segunda forza sindical en Galiza, a CIG non recibiu nin un borrador
O 13 de novembro de 2006 o Consello Confederal da
CIG acordaba abandonar as mesas de diálogo social para un Acordo Galego polo
Emprego. As razóns que daquela levaban á central a deixar estas mesas son as
mesmas polas que non participou na sinatura do chamado Acordo pola
Competitividade 2008-2011.