1/6/2011
Denuncia que o departamento autonómico investirá 1.100.428 euros até 2012 para substituír libros de texto só por estar no noso idioma
A CIG-Ensino vén de denunciar publicamente un novo ataque ao galego por parte da Xunta de Galiza. En concreto, o feito de que destinase un total de 1.100.428 euros até 2012 para substituír libros de texto só por estar no noso idioma. A central nacionalista considera que esta
circunstancia pon de manifesto que as declaracións de austeridade feitas polo Goberno galego
son unha mera cortina de fume xa que "neste e noutros
temas non ten reparo en gastar diñeiro público sempre que sirva aos
seus intereses partidarios e para perseguir o noso idioma".
11/6/2010
A CIG-Ensino denuncia que a Xunta dilapida orzamento para cambiar libros de texto que non esgotaron os catro anos de vixencia
A CIG-Ensino vén de denunciar a medida adoptada pola Consellaría de Educación contra a nosa lingua e que, ademais, se traduce no malgasto de diñeiro público. A Consellaría acaba de anunciar na súa web que amplía a axuda para a adquisición de libros para cambiar os textos de matemáticas, física e química e tecnoloxía, cando neste momento os libros destas materias non esgotaron o seu período de vixencia, pois non transcorreron os catros anos estipulados par a súa renovación. Esta cambio suporá un gasto de entre cinco e oito millóns de euros, dependendo das materias en que se cambie o libro.
10/7/2008
A empresa non lle sacou traballo algún aos centros que teñen que asumir todos os trámites burocráticos
A CIG-Ensino
denuncia que a empresa contratada pola Consellaría de Educación para a xestión
dos libros de texto obriga aos centros, cando contactan con ela
telefonicamente, a dirixirse a eles en español. Esta empresa que foi licitada
pola Consellaría por 450.000 € de
diñeiro público galego, non só non atende aos centros escolares de Galiza no
seu idioma, senón que tampouco os descarga de traballo ningún.