27/7/2011
A CIG-Metal subliña que a empresa, que realiza tarefas de instalación e mantemento para Telefónica, mantén uns niveis de ocupación e produción moi elevados
As asembleas de traballadores/as dos centros que a compañía Liteyca ten en Galiza rexeitaron por unanimidade a proposta de regulación de emprego temporal presentada pola dirección. Mediante este ERE, a empresa, que realiza tarefas de mantemento e instalación de liñas para Telefónica, pretende suspender temporalmente os contratos de maneira que un total de 35 traballadores/as, dos 152 operarios/as que a compañía ten na Coruña, Lugo e Pontevedra, estarían por quendas no desemprego ao longo de un ano.
8/6/2011
Os traballadores/as da provincia de Pontevedra realizaron unha concentración na central de Vigo
Os traballadores/as de Telefónica en Galiza estaban chamados hoxe a participar no paro de media xornada convocado a nivel estatal para rexeitar os despedimentos previstos pola compañía e reclamar un convenio digno. Empregados/as da empresa da provincia de Pontevedra realizaron unha concentración na sede central do Calvario, en Vigo.
5/5/2011
A sección sindical da CIG da provincia de Pontevedra denuncia que a empresa pretende destruír as relacións laborais coa complicidade de CCOO e UGT
Empregados/as de Telefónica concentráronse diante da sede central de Movistar na rúa Colón de Vigo para reclamar a readmisión de dous compañeiros/as despedidos en Barcelona e Madrid e para denunciar o proceso de negoción do convenio colectivo. Dende a sección sindical da CIG da provincia de Pontevedra acusan á empresa de pretender rematar coas relacións laborais coa complicidade de CCOO e UGT.
17/3/2011
As protestas contra a represión na empresa, convocadas a niven estatal, incluíron un paro que se prolongou media xornada
Varios
centos de traballadores e traballadoras de telefónica da provincia
de Pontevedra percorreron hoxe en manifestación as rúas de Vigo
para esixir a readmisión de dous compañeiros/as despedidos en
Madrid e Barcelona. As protestas, convocadas a nivel estatal para
denunciar a actitude represiva da empresa, incluíron un paro de
media xornada e concentracións ás portas da compañía. As
mobilizacións, que se repetirán o vindeiro 7 de abril, tamén
tiveron eco en Lugo, Ourense e A Coruña.
15/3/2011
A compañía rescindiulle o contrato a dous empregados/as nunha manobra encamiñada a rematar coas relacións laborais existentes
Representantes
da CIG en Telefónica compareceron en rolda de prensa para anunciar a
convocatoria de mobilizacións nas catro provincias galegas contra a
decisión da empresa de despedir a dous traballadores/as. As
protestas .que a nivel estatal están secundadas polos sindicatos
ELA,
LAB, AST, Cobas, ESK, EC, CGT e UTS, ademais dos comités provinciais
de Barcelona, Madrid e País Vasco- consisten nun paro de media
xornada os vindeiros días 17 de marzo e 7 de abril e en distintas
manifestacións. En Viga está prevista unha concentración fronte ao
edificio da Central do Calvario (Urzáiz 131) ás 12.00 horas. A
continuación celebrarase unha manifestación na mesma rúa.
17/12/2010
A protesta, que se desenvolveu no centro de Gran Vía en Vigo, foi impulsada pola CIG
Traballadores e traballadoras de Telefónica concentráronse novamente diante da Central do Castro, na Gran Vía de Vigo, sede da súa oficina de Recursos Humanos na provincia de Pontevedra. Ao remate fixeron entrega dun prego de sinaturas subscrito polos/as traballadores/as onde se lle reclama á empresa o peche da Mesa de Negociación Permanente , na que se negocia a prórroga do actual Convenio, ao tempo que reivindicaron a apertura da negociación dun novo convenio.
1/12/2010
Desenvolveron unha concentración diante do centro de traballo Vigo-Calvario
Os/as traballadores/as do centro Vigo-Calvario de Telefónica concentráronse hoxe ás 11:00 da mañá á porta do seu centro de traballo contra a deturpación do Convenio Colectivo nas mesas de negociación permanente, e reclamando a negociación dun novo Convenio a partir do remate do actual o vindeiro 31 de decembro.