29/2/2012
A decisión chega dous anos despois do peche da empresa ourensá, cando xa non fan falta para os procesos xudiciais
Dous
anos despois do peche da empresa ourensá Vidreira do Atlántico por
imposición da súa patronal, a Axencia Española de Protección de
Datos (AEPD), vén de ditar unha resolución estimando a solicitude
de Manoel Anxo García Torres (CIG) e 100 traballadores/as máis. En
2009 solicitáranlle á compañía o acceso e entrega das imaxes e
sons gravados pola dirección durante as cinco convocatorias de
folga desenvolvidas dende xaneiro a marzo dese ano ao entender que
estaba a vulnerar o dereito fundamental como é o de folga.
27/2/2012
O prazo de inscrición é gratuíto e remata o vindeiro 2 de marzo
A Fundación para a Orientación Profesional,
a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en
Galiza, forGA, no seu centro de Verín, vén
a informar da convocatoria do pasado 17 de febreiro da Dirección Xeral de
Formación e Colocación da Consellaría de Traballo e Benestar, que publicou
resolución pola cál se convocan as probas de avaliación en competencias clave
para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade
(niveis 2 e 3).
10/11/2011
Dota aos alumnos/as dos coñecementos suficientes para desenvolver esta tarefa con todos os garantes precisos
A Fundación para a Orientación
Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento
Tecnolóxico, o Emprego e
Formación en Galiza, forGA, informa da finalización da acción formativa de “Atención
sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, polo que 13 persoas
obtiveron a certificación de profesionalidade.
28/10/2011
Celebraranse no recinto feiral de Silleda a partires deste sábado, día 29 de outubro
A Fundación para a Orientación Profesional, a
Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza,
forGA, vén de clausurar, no seu centro de Verín, o curso preparatorio das
probas de Competencia Clave, que se celebrarán en Silleda desde este sábado 29
de outubro.
28/9/2011
A central nacionalista realizou unha concentración de protesta diante da oficina de Verín para denunciar un despedimento inxustificado
A CIG realizou onte unha
concentración en Verín para para demandar a readmisión dun
afiliado inxustamente despedido por organizar unha cea para falar da
situación laboral en Banesto. A central nacionalista inicia con esta
protesta o calendario de mobilizacións para denunciar un novo caso
de represión sindical na entidade bancaria.
26/7/2011
Centos de veciños/as asisten á proxección dun documental sobre a represión fascista e á festa popular posterior
A
Unión Local da CIG de Verín organizou este venres 21 de xullo un
acto ao aire libre en homenaxe ás vítimas do franquismo nas
comarcas de Monterrei e Conso Frieiras. A cita foi na Praza da
Mercede a partir das 21.30 horas e contou coa participación de numerosos veciños e veciñas, que asistiron á proxección dun documental sobre a represión fascista na zona e á festa popular posterior.
26/5/2011
A sentenza establece que a decisión de Jiménez Morán vulnera o dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, sindical e de folga
O Xulgado do Contencioso-Administrativo
número 1 de Ourense vén de estimar o recurso presentado pola CIG
contra o decreto do alcalde de Verín mediante o que se denegara a
autorización para difundir con megafonía a convocatoria de folga
xeral do pasado 27 de xaneiro. A sentenza establece que a decisión
de Juan Manuel Jiménez Morán vulnera o dereito fundamental de
liberdade de expresión e o de liberdade sindical e de folga.