Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
readmisión
16/11/2011 Arredor dun cento de persoas concentrouse fronte á Deputación de Pontevedra para reclamar estabilidade laboral
Arredor dun cento de bombeiros de todos os parques do país participaron hoxe na concentración convocada ás portas da Deputación de Pontevedra para reclamar a readmisión de dous compañeiros do Porriño. Os traballadores/as, que levan máis de catro meses en folga, denuncian que a empresa que xestiona os parques provinciais segue sen garantir a estabilidade laboral.
5/11/2010 Ecourense tamén retirará a denuncia contra o laudo arbitral polas eleccións sindicais
Cumprindo o sexto día, o comité de empresa de Ecourense daba por finalizada a folga do servizo de limpeza viaria e recollida do lixo este venres tras chegarse a un acordo entre as partes, polo que a empresa concesionaria se compromete a readmitir á traballadora despedida nas mesmas condicións que tiña. O acordo fíxose posíbel durante a segunda reunión celebrada a primeira hora da tarde entre o comité, sindicatos, alcaldía e empresa. Así mesmo, Ecourense retirará a denuncia contra o laudo arbitral pola cuestión das eleccións sindicais, polo que a compañeira Adelina Basteiro será a cabeza de lista da CIG nas próximas eleccións.
27/8/2010 O xulgado do Social nº 1 de Santiago declara nulo o seu despedimento
A condutora de HEDEGASA (Autobuses de Clao), Nélida Pisco, que fora despedida logo de solicitar redución de xornada por garda legal, terá que ser readmitida logo de que o xulgado do social nº 1 de Santiago declara nulo o seu despedimento. Para a CIG con esta sentenza queda recoñecido que houbo unha situación de clara discriminación de xénero.
30/3/2010 A CIG de Ourense denuncia que unha empresa con capital público vulnere a lexislación laboral e ignore as sentenzas xudiciais
A CIG de Ourense vén de denunciar que a empresa pública Seaga, que depende da Consellería de Medio Rural, procedeu nestes días a cumprir a sentencia do Xulgado do Social que a condenaba a readmitir a varios representantes sindicais da central, pero incumpre a mesma ao non facer efectivos os salarios de varios meses que lle corresponde aboar polo tempo en que o persoal estivo despedido á espera da celebración de xuízo.
22/3/2010 Despois de mobilizarse desde febreiro
As 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia (Vigo) que foran despedidas reincorporáronse o 22 de marzo aos seus postos logo de que a multinacional francesa recapacitase e optase por cambiar de contrata do servizo e esta aceptase subrogar as empregadas. CIG-Servizos felicítase por este desenlace satisfactorio ao conseguírense a readmisión das compañeiras e o cumprimento do convenio.
16/2/2010 A Deputación comprométese a mediar diante da empresa para a resolución do conflito
Máis de cincuenta bombeiros de distintas zonas do país volveron mobilizarse o luns 15 de febreiro na Deputación de Pontevedra, nesta mesma cidade, para exixir a readmisión de Pablo Álvarez, traballador despedido do parque comarcal do Morrazo pola empresa Celta Prix, no que o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra ditaminou que era un despedimento improcedente.
22/12/2009 O documento implica que os traballadores despedidos non serán readmitidos e suporá o remate das accións reivindicativas
A CIG e os membros do Comité desta central rexeitaron o acordo asinado esta mañá por UGT, os representantes de Termavi e a Autoridade Portuaria, que suporá a fin da folga e das medidas reivindicativas levadas a cabo polo persoal da empresa ao longo dos últimos días. O acordo implica que ningún dos despedidos será readmitido, non achega garantes para a suposta recolocación dos afectados e bota por terra a dura loita que realizou o conxunto do persoal estes días.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com