20/4/2012
Integra a medida nun Plan de apoio á muller “embarazada” á que se lle nega o dereito a ir ao especialista para facer a revisión postparto
Susana López Abella anunciou onte
na Comisión de Sanidade do Parlamento, na que compareceu para respostar a unha
pregunta do Grupo Parlamentario Popular, que “as crianzas non nacidas” contarán
como membros da unidade familiar á hora de pedir axudas á Xunta, co fin de
determinar o tipo e contido das prestacións públicas que lles corresponden. A
medida está encadrada no Plan integral de
apoio á muller embarazada 2012-2014, aprobado o pasado mes de xaneiro polo
Consello da Xunta.
13/3/2012
A empresa postal non vinculaba o aborto coa maternidade e deulle un trato de enfermidade común
O sector de Correos da CIG-Administración vén de dar a coñecer unha sentenza pola que se condena á empresa postal estatal á repor a totalidade do salario a unha traballadora á que, como consecuencia dun aborto, se lle aplicaron descontos en determinados complementos retributivos. Correos, explican dende o sector da CIG, non vinculaba o aborto coa maternidade e dáballe unicamente un trato de enfermidade común.
8/3/2012
A Secretaría da Muller da CIG chama a participar na manifestación nacional do domingo 11 de marzo en Compostela
Delegadas e delegados da CIG concentráronse este xoves, con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, diante de edificios da administracións, centros de traballo e mutuas para denunciar os ataques e recortes dos dereitos da clase traballadora, que afectan de xeito especial ás mulleres. Estas mobilizacións enmárcanse no calendario de actos programados pola CIG como preparatoria da Folga Xeral do 29 de Marzo, e por iso, a campaña deste ano estase a desenvolver baixo o lema “As mulleres coa Folga Xeral. Xuntas podemos!”
24/5/2011
Este martes 24 de maio o Parlamento Galego debate a totalidade do proxecto de lei
A CIG reitera o seu absoluto rexeitamento ao proxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia de Galiza da Xunta do PP, que este martes, 24 de maio, a partir das 10:00 horas se debate no Parlamento Galego. A central nacionalista subliña o carácter retrógrado e a profunda carga ideolóxica que soporta o proxecto e entende que con esta normativa afóndase no grave recorte de dereitos que están sufrindo as mulleres, asúmese que son un colectivo que se debe protexer e dirixir, recupérase a retórica da familia heterosexual e a da maternidade como papel e función vital das mulleres. Cuestións que, en definitiva, supoñen asumir o control da vida sexual das mulleres.
18/5/2011
A diferenza das anteriores convocatorias, este ano as persoas solicitantes deberán terse acollido á redución de xornada entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011
A Secretaría de Muller da CIG vén de informar que acaban de saír publicadas no DOG as axudas aos traballadores homes e familias monoparentais que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.
18/3/2011
O texto incide na retórica da familia heterosexual tradicional e pretende limitar o control da muller sobre a súa vida sexual
A CIG rexeita o proxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia de Galiza que vén de aprobar o goberno da Xunta do PP polo seu carácter retrógrado e a profunda carga ideolóxica que soporta. A central nacionalista entende que con esta normativa afóndase no grave recorte de dereitos que están sufrindo as mulleres, asúmese que son un colectivo que se debe protexer e dirixir, recupérase a retórica da familia heterosexual e a da maternidade como papel e función vital das mulleres, o que, en definitiva, supón asumir o control da vida sexual das mulleres.
8/3/2011
A CIG desenvolve mobilizacións en Pontevedra, Lugo, Compostela, A Coruña e Ferrol con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora
Se nestes momentos se aplicara a totalidade da reforma das pensións recollida no pacto social, só o 23% das mulleres traballadoras que se xubilan en Galiza aos 65 anos terían dereito a percibir o 100% da prestación, fronte ao 71% dos homes que a esa idade conseguiron cotizar 38.5 anos. Así o revela o informe sobre a situación sociolaboral da muller na Galiza que a CIG vén de presentar con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora. Ademais, as Unións Comarcais de Pontevedra, Lugo, Compostela, A Coruña e Ferrol realizaron concentracións para denunciar os recortes aplicados polos gobernos, que prexudican de xeito especial ás mulleres traballadoras.