Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Pontevedra Pontevedra
2/2/2012 Sosteñen que Paloma Hidalgo centrou a súa xestión no recorte de gastos e descoidou a busca de novas vías de negocio
Os tres delegados/as de persoal da Fundación Semana Verde de Silleda (dous da CIG e unha de CCOO) compareceron hoxe en rolda de prensa xunto a representantes dos dous sindicatos para explicar como se atopa a tramitación do ERE e denunciar que a mala xestión da entidade é culpábel da delicada situación económica que provocou nove despedimentos. Tamén amosaron a súa confianza en que o recurso de alzada presentado contra o ERE temporal lles sexa favorábel e adiantaron que nos vindeiros días manterán unha reunión co presidente da Fundación e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
19/1/2012 A central nacionalista obtivo catro representantes, mentres que a UGT sumou só un delegado/a
A Confederación Intersindical Galega volveu acadar moi bos resultados nas eleccións sindicais celebradas na compañía pontevedresa Vertifil Industrial, dedicada ao sector téxtil e con sede en Moraña. A CIG obtivo catro representantes no comité de empresa, mentres que a UGT só sumou un delegado/a.
17/1/2012 No DOG deste mércores, 17 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra
A CIG-Ensino denunciou este mércores que a Xunta de Galiza vén de iniciar o proceso de privatización das novas escolas de educación infantil “Galiña Azul”, logo de publicar no DOG a licitación do centro de Monteporreiro (Pontevedra), desde a data de apertura, 1 de marzo de 2012, até o 31 de agosto de 2014. En outubro do pasado ano a Federación da CIG xa alertara publicamente de que o Goberno galego tiña a pretensión de privatizar 17 escolas infantís, todas elas de nova apertura.
12/12/2011 A central nacionalista obtivo catro dos cinco representantes que se escollían no comité
A CIG logrou a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas recentemente en Aquagest, empresa concesionaria do subministro e saneamento de augas nos concellos de Pontevedra, Poio, Cambados Ponteareas, Soutomaior e a Mancomunidade do Salnés. A central nacionalista obtivo catro dos cinco delegados/as que se escollían no comité de empresa e quedou a un só voto de ser a única forza sindical con representación.
29/11/2011 O xulgado declarou nulo un dos despedimentos e o outro improcedente, pero a empresa segue sen abonar a correspondente indemnización
A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Pontevedra compareceu hoxe en rolda de prensa para reclamar o cumprimento da sentenza que obriga á empresa que xestiona a cafetería da base militar da Brilat a readmitir a dúas traballadoras afiliadas á central nacionalista. Diana Rodríguez denuncia que o xulgado declarou nulo un dos despedimentos e o outro improcedente, “pero Unión Vending Cádiz segue sen abonar a correspondente indemnización no caso do despido improcedente xa que optou por non readmitila”.
24/11/2011 Delfín Fernández denegou a autorización para celebrar unha concentración na Xunta este 25-N
A CIG denuncia que o subdelegado do Goberno español en funcións denegoulle a autorización para realizar unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Pontevedra con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra este 25 de novembro. Dende a central nacionalista critican a falta de sensibilidade de Delfín Fernández cunha lacra social contra a que berrarán os milleiros de persoas que participarán nos actos convocados nas distintas comarcas do país.
16/11/2011 Arredor dun cento de persoas concentrouse fronte á Deputación de Pontevedra para reclamar estabilidade laboral
Arredor dun cento de bombeiros de todos os parques do país participaron hoxe na concentración convocada ás portas da Deputación de Pontevedra para reclamar a readmisión de dous compañeiros do Porriño. Os traballadores/as, que levan máis de catro meses en folga, denuncian que a empresa que xestiona os parques provinciais segue sen garantir a estabilidade laboral.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com