Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
represión
25/11/2011 Entende que o alcalde de Santiago amosa un profundo talante antidemocrático e que mesmo pon en cuestión o estado de dereito
O secretariado comarcal da CIG de Compostela, reunido na tarde deste venres 25 de novembro, acordou denunciar o profundo talante antidemocrático do alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, quen afirmou que “non lle tremerá a man” para pechar locais que considera que son niños extremistas. O secretariado da CIG de Compostela manifesta tamén a súa preocupación pola imposición dun estado policial na capital de Galiza e denuncia a desproporcionada actuación policial tanto no desaloxo como na posterior mobilización que se produciu por mor da okupación da Sala Yago.
31/5/2010 O maxistrado absólveos do delito de desordes públicos o entender que os disturbios prodúcense despois da carga policial
A CIG anunciou que recorrerá a sentenza que condena a tres traballadores e absolve a outros dez que participaron na folga do metal da provincia de Pontevedra no ano 2006. O sindicato nacionalista entende que se trata dunha resolución inxusta xa que non existen probas suficientes que sustenten a identificación dos tres operarios condenados.
20/10/2009 Á tarde terá lugar unha nova xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio
Desde antes das dez da mañá centos de delegados e delegadas do Metal, na súa imensa maioría da CIG, acudiron até as portas do Xulgado para amosar de novo a súa solidariedade cos trece traballadores do Metal que están a ser xulgados pola súa participación nas mobilizacións durante a folga polo convenio no ano 2006. Nesta segunda xornada do xuízo foi o momento das declaracións dos Policias, que cairon en numerosas controversias nas súas testemuñas. Ademais ás 17 da tarde terá unha nova xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio do Metal, onde se avaliará a proposta realizada polos mediadores, que a CIG rexeita, xa que non variou en case nada desde xuño.
15/9/2009 Delegados/as da CIG mobilizaranse o mércores 16 de setembro, ás 9:45 horas, contra a apertura de expediente a tres traballadores/as
Logo das últimas denuncias feitas públicas pola CIG-Correos a respecto da contratación irregular na oficina de A Pobra, o que levou consigo que a parroquia de Posmarcos estivera tres días sen servizo postal, dende a Dirección da empresa responden coa apertura de tres expediente a traballadores deste centro. Razón pola que a CIG-Correos vai levar a cabo unha concentración diante da oficina de A Pobra o mércores 16 de setembro, a partir das 9:45 horas.
8/9/2009 Brutal carga policial no percurso dunhas mobilizacións contra a crise
A Federación de Servizos da CIG quere trasladarlle a súa solidariedade ao Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT) pola detención de dez sindicalistas, entre eles o seu secretario nacional, no decurso dunhas protestas contra a crise e o paro desenvolvidas en Sevilla o 6 de setembro.
3/6/2009 O persoal estuda elaborar un calendario de mobilizacións en todos os centros da empresa
A CIG de Valdeorras vén de anunciar que presentou denuncia contra a Fundación Valdegodos ante a Inspección de Traballo, por mor dos “atropelos e represión” que están a padecer os traballadores/as deste centro, nomeadamente, desta volta un afiliado da CIG. Así mesmo, sinalaron que a vindeira semana adoptarán unha serie de medidas para denunciar publicamente a situación laboral do persoal, entre as que incluirán un calendario de mobilizacións nos centros da Fundación.
30/1/2009 Unha nova xornada de mobilización contra a represión e pola dignidade
O sector do convenio provincial do metal de Pontevedra vivirá unha nova xornada de folga, convocada pola CIG, o vindeiro 5 de febreiro. Os máis de 22.000 traballadores afectados por este convenio provincial están chamados á folga contra a represión sindical, xa que nesa data van volver ser xulgados catro traballadores do Metal, que no 2007 estiveron case quince días en folga para que se cumprira o convenio, despois do aprazamento do xuízo o pasado 6 de novembro, data na que a CIG convocou outra xornada de folga e solidariedade. A Fiscalía solicitaba catro anos de cárcere para estes catro folguistas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com