Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
vulneración de dereitos
10/11/2011 O alto tribunal condena á institución local a convocar a Mesa de negociación
A Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, estimando o Recurso de Apelación interposto pola CIG, vén de anular, definitivamente, o Orzamento Xeral do Concello de Verín do ano 2009 por vulnerar o dereito de negociación colectiva da central sindical nacionalista. A sentenza do alto tribunal galego condena tamén á entidade a acometer unha negociación real coa representación sindical. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza impón ao Concello, como parte vencida no preito, o pagamento das costas do proceso por valor de 1.000 euros.
25/2/2011 Diante das declaracións do rexedor local contra a central sindical, acusándoa de buscar unha batalla xudicial por motivos políticos
A CIG-Administración Local da Coruña emitiu esta mañá un comunicado de resposta ás declaracións do alcalde do Concello de Corcubión, quen acusou a CIG de buscar unha batalla xudicial coa institución local por intereses políticos. Dende a CIG lémbrase ao rexedor que os procesos xudiciais se inician porque o Concello vulnera os dereitos do persoal, neste caso concreto, dunha traballadora á quen se nega o seu dereito a ter a condición de “contratada laboral indefinida”.
23/9/2010 A central nacionalista presentará un recurso contencioso-administrativo contra o decreto por consideralo abusivo
A CIG confirma a súa oposición á proposta definitiva de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza na mañá deste xoves por considerar que continúa sendo abusiva e conculcadora de dereitos. Aínda que a administración galega rebaixa as súas pretensións iniciais nalgúns sectores, a central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para o sector público. Por iso, a central nacionalista informa que vai presentar un recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado e vulnera dereitos.
24/3/2010 A FGAMT-CIG de Lugo sospeita que con esta manobra a empresa pretende gañar tempo para modificar o censo de persoal
A CIG vén de denunciar diante da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo a Arriva Noroeste, como resposta á vulneración dos dereitos fundamentais dos traballadores/as da empresa diante do actual proceso electoral. A dirección da compañía, en complicidade coa organización sindical SITA, obstruíu a constitución da mesa electoral o pasado martes, nunha manobra de dilación previsibelmente destinada a modificar os censo definitivo de traballadores/as da empresa.
8/2/2010 Denuncian que a empresa pretende desfacerse de persoal e que de 200 traballadores/as que había en 2005, só quedan 150
O Comité de Empresa de LEVANTINA, de O Porriño, denuncia a redución de persoal que se vén producindo na empresa nos últimos tempos: no ano 2005, cando aínda se chamaba Graniter, contaba con 200 traballadores/as e na actualidade con só 150; nos últimos 18 meses desfixéronse de 25 traballadoras/es baixo diferentes fórmulas, despedimentos, baixas incentivadas... e agora pretenden trasladar a sete traballadores/as máis, dos que 3 están no Comité de Empresa, dous gozan de redución de xornada por fillos menores, unha foi na candidatura da CIG e outra é eventual. Por iso anuncian o comezo de mobilizacións, con concentracións ás 14:00 horas coincidindo coa saída de persoal de produción e de administración.
8/2/2010 A CIG denunciou diante da Inspección de Traballo esta vulneración do dereito á folga, durante o oitavo día do paro indefinido
Logo dunha intensa fin de semana de mobilizacións e protestas, os traballadores e as traballadoras de instalacións deportivas iniciaban este luns o oitavo día da folga indefinida convocada no sector na procura dun convenio digno. A patronal mantense no seu inmobilismo, a pesar do chamamento que mesmo están a realizar dende os concellos, negándose a asumir unhas reivindicacións lexítimas, mentres contrata novo persoal para suplantar aos traballadores/as en folga, vulnerando os dereitos da clase obreira.
28/12/2009 Increparon e agrediron aos traballadores/as que secundaban os paros
A CIG-Servizos de Ferrol lamentou a actitude mantida por un grupo de persoas e membros do Clube de Natación da cidade durante a folga levada a cabo polos traballadores/as de instalacións deportivas entre os días 19 e 22 de decembro en demanda dun convenio digno. Ditas persoas, segundo informan dende a Federación, non dubidaron en increpar e agredir aos folguistas durante os paros. Así mesmo, critican a tardanza da policía local, á que tiveron que avisar para levantar acta por vulneración do dereito á folga, e agradeceron a colaboración da gran maioría dos usuarios/as dos centros durante as catro xornadas de paros.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com