Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
lousa
18/11/2011 A central nacionalista solidarízase co afectado e agarda que a Xustiza actúe de xeito contundente contra Francisco Gonzalez
A Unión Local da CIG de Valdeorras denuncia enerxicamente a agresión sufrida por un traballador de Granival e amosa a súa solidariedade co afectado e coa súa familia. A central nacionalista agarda que a Xustiza actúe de xeito exemplar contra o propietario da empresa, Francisco González, como presunto responsábel de agresións verbais e físicas. Os feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil.
13/7/2011 A central nacionalista desmente por punto por punto as afirmacións da louseira ourensá
A Unión Local de Valdeorras denuncia que a dirección da empresa ourensá Canteiras Fernádez (Cafersa) pretende manipular e intimidar aos traballadores e traballadoras cunha serie de mentiras e ameazas directas e indirectas que mesmo recolleron nun comunicado exposto nos centros de traballo e repartido entre parte do persoal.
10/11/2010 A CIG de Valdeorras subliña o elevado índice de fraude na contratación que se rexistra no sector da lousa
A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ratificar a sentenza emitida a primeiros de ano polo Xulgado do Social do Ourense, pola que se declaraba improcedente o despedimento dun traballador de Cafersa, obrigando a empresa a readmitir ao operario ou a pagarlle unha indemnización de máis de 12.000 euros. Dende a CIG-Valdeorras valoraron moi satisfactoriamente esta sentenza xa que vén constatar, unha vez máis, a fraude cometida por esta empresa da lousa en materia de contratación.
30/3/2010 Impartiranse nos meses de abril e maio
Nos meses de abril e maio impartiranse dous cursos do Gabinete de Saúde Laboral en Valdeorras, un específico para a prevención para traballadores e traballadoras da lousa e outro xenérico de prevención de riscos laborais.
4/3/2010 Só nos casos que ten contabilizado a CIG, porque os tramita a súa asesoria, e desde xullo de 2009
A CIG de Valdeorras fai público, unha vez máis o seu rexeitamento á decisión de CAFERSA de rescindir contratos. Con falsas promesas de renovacion para dentro duns meses, e novos contratos a familiares destes, se os traballadores e traballadoras lle asinan o finiquito. Denuncian desde a Unión Local de Valdeorras a "complicidade dalguns sindicatos, pero afortunadamente non todos os traballadores/as tragan con estas estafas e moito menos a CIG desta localidade".
26/10/2009 Críticas á Asociación Galega de Pizarristas polo seu silencio
O sábado 24 de outubro a través dunha nota de prensa o responsábel da CIG en Valdeorras, Adriano Brito, anuncióou que a central sindical nacionalista denunciará á louseira diante da Inspección de Traballo e no Xulgado do Social por por coartar a liberdade sindical. Esta denuncia xurde polo feito de que un dos membros do comité de empresa aínda non cobrou a nómina correspondente ao mes de abril cando o resto de traballadores xa recibiron a de maio, o que supón "unha medida de presión por parte da dirección".
11/9/2009 O persoal da louseira de Valdeorras continúa á espera da mediación da Xunta no conflito
A Inspección de Traballo remitiu unha “acta de advertencia” á Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) para que cumpra o disposto na normativa referida á regulación do dereito á folga e para que permita á entrada ao centro de traballo e a reincorporación ao posto unha vez rematados os paros.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com