Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
seguridade laboral
27/4/2012 A CIG celebrou unha concentración diante da Autoridade Portuaria para reivindicar postos de traballo no Porto Exterior sen riscos para a saúde e con plena seguridade
Coincidindo coa véspera da celebración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde Laboral, extraballadores/as das obras do Porto Exterior e delegados/as da CIG participaron nunha concentración diante da Autoridade Portuaria para reivindicar a creación de empregos sen riscos de morte e con garantías do pleno cumprimento da normativa en materia de seguridade e saúde laboral. Así mesmo, coa protesta a CIG reclamar a recolocación dos exempregados da UTE-Langosteira nas futuras obras que se contraten no porto.
24/2/2012 A normativa vixente permite non levar este dispositivo de control nas rutas inferiores aos 50 quilómetros
O sector de Transportes da CIG, con motivo do tráxico accidente rexistrado o xoves en Ávila, quere reiterar ás administracións competentes que modifiquen a normativa actual para estender a obrigatoriedade de levar disco tacógrafo a todos os servizos de transporte de viaxeiros/as, co obxecto de garantir a máxima seguridade nos desprazamentos.
20/12/2011 A central lamenta que a Autoridade Portuaria da Coruña se limite a criticar á CIG en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos
Ante as declaracións realizadas polo Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, a CIG quere destacar que foi a propia Inspección de Traballo quen constatou que se retomaron os traballos de desmontado da grúa (paralizados logo da morte dun operario) sen a autorización pertinente e que a central sindical tan só expuxo ante a opinión pública esta situación. Así mesmo, a CIG lamenta que o Porto, en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos, se limite a criticar a CIG e non a investigar e condenar aos culpábeis do accidente e a quen incumpriu o Requirimento da Inspección.
25/10/2011 A Inspección de Traballo trasladou un requirimento a UTE Langosteira e a Grúas Usabiaga polo que paraliza o desmontado do guindastre até que non se garantan as medidas de seguridade
A CIG quere denunciar publicamente o persistente silencio mantido pola Autoridade Portuaria da Coruña quen, a pesar do gravísimo accidente que custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, once días despois continúa sen convocar a Mesa de Seguridade de Langosteira. Ademais, a Inspección de Traballo ten paralizadas as tarefas de desmontado da grúa na que se produciu o accidente até que non se garantan todas as medidas necesarias para realizar os traballos de xeito seguro.
17/10/2011 O pasado venres un traballador falecía nas obras do Porto Exterior da Coruña mentres participaba nos traballos para desmontar unha grúa
O 100% do cadro de persoal da UTE-Langosteira está secundando o paro de 24 de horas convocado polo Comité nas obras do Porto Exterior da Coruña en rexeitamento ao accidente que o pasado venres lle custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, afiliado á CIG. Con este paro o persoal tamén quere trasladar a súa solidariedade á familia do afectado e reclamar a revisión e reforzamento das medidas de seguridade nas obras do porto.
14/10/2011 Un operario de Grúas Usabiaga faleceu mentres traballaba nas manobras de desmontaxe dun guindastre en Punta Langosteira
Diante do gravísimo accidente ocorrido esta tarde nas obras do Porto Exterior da Coruña que lle custou á vida a un traballador de Grúas Usabiaga, a CIG esixe á dimisión dos máximos responsábeis da Autoridade Portuaria en materia de seguridade, así como que se depuren as posíbeis responsabilidades penais por este feito.
22/7/2011 A central sindical denuncia o relaxamento nas medidas de seguridade e lamenta que a única preocupación da Autoridade Portuaria e a empresa sexa asegurar que as obras non sufrirán atrasos
Tras da xuntanza do Comité de Seguridade e Hixiene mantida na tarde de onte, a CIG e o Comité de empresa lamentan que a día de hoxe, a UTE-Langosteira e a Autoridade Portuaria non estean en condicións de presentar o informe do accidente sucedido o pasado 7 de xuño nas obras do Porto Exterior nin avanzar as posíbeis causas que expliquen a caída doutra grúa este mesmo mércores. A central sindical e o Comité de empresa reclaman ditos informes co único obxectivo de mellorar o plano e a aplicación de medidas de seguridade, que a vista está, resultan insuficientes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com