Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
CIG-Valdeorras
17/1/2012 Un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da construción
A Unión Local de Valdeorras da Confederación Intersindical Galega (CIG) organiza a partir do mes de febreiro unha serie de cursos destinados a traballadores e traballadoras en activo da empresa privada. A oferta inclúe dous cursos, un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da construción.
18/11/2011 A central nacionalista solidarízase co afectado e agarda que a Xustiza actúe de xeito contundente contra Francisco Gonzalez
A Unión Local da CIG de Valdeorras denuncia enerxicamente a agresión sufrida por un traballador de Granival e amosa a súa solidariedade co afectado e coa súa familia. A central nacionalista agarda que a Xustiza actúe de xeito exemplar contra o propietario da empresa, Francisco González, como presunto responsábel de agresións verbais e físicas. Os feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil.
13/10/2011 Este sábado 15 de outubro no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco
A Unión Local da CIG de Valdeorras organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais para coidadores/as de persoas da terceira idade. A acción formativa desenvolverase no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco este sábado día 15 de outubro entre as 9.30 e as 14.00 horas.
21/9/2011 A cita será o xoves 29 ás 19.00 horas no salón de actos do Concello do Barco
A Unión Local da CIG de Valdeorras organiza unha charla informativa sobre as enfermidades profesionais máis frecuentes no sector da lousa. A cita será o xoves 29 de setembro ás 19.00 horas no salón de actos do Concello do Barco.
13/7/2011 A central nacionalista desmente por punto por punto as afirmacións da louseira ourensá
A Unión Local de Valdeorras denuncia que a dirección da empresa ourensá Canteiras Fernádez (Cafersa) pretende manipular e intimidar aos traballadores e traballadoras cunha serie de mentiras e ameazas directas e indirectas que mesmo recolleron nun comunicado exposto nos centros de traballo e repartido entre parte do persoal.
14/6/2011 A central nacionalista logrou tres delegados/as no comité de empresa da louseira ourensá
A Confederación Intersindical Galega terá tres delegados no comité de empresa da louseira Canteras Fernández (Cafersa) despois do apoio recibido nas eleccións sindicais celebradas recentemente. A central nacionalista consegue representación por primeira vez na compañía ourensá a pesar das presións exercidas pola dirección aos seus candidatos e sobre os propios traballadores e traballadoras para que votaran a candidatura da UGT, o que se traduciu na consecución de seis delegados/as.
2/6/2011 A empresa louseira de Valdeorras terá que repetir as eleccións sindicais despois de que a candidatura da central fose avalada por Traballo
A dirección de Canteras Fernández (Cafersa) volveu impedir que representantes da CIG entraran nas instalacións da empresa para celebrar unha asemblea informativa cos traballadores/as na súa hora de descanso. A Consellería de Traballo validou recentemente a candidatura da CIG ás eleccións sindicais na compañía despois do laudo presentado pola Unión Local de Valdeorras contra a decisión da mesa electoral de deixar fóra a súa lista. A decisión retrotrae o proceso á proclamación das candidaturas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com