19/4/2010
No decurso da marcha exixiuse a fin do bloqueo que padece a illa desde 1962
Numerosas organizacións, entre elas a CIG, participaron na manifestación celebrada o pasado domingo 18 de abril, en Compostela baixo o lema “Paremos a ‘farsa informativa’ contra Cuba”. Alén de denunciar a nova campaña mediática de condena á illa, as/os manifestantes denunciaron a política imperialista dos EEUU e da UE, demandaron a fin do bloqueo que padece desde o ano 1962.
14/4/2010
Manifestación o domingo 18 de abril, ás 12:30 horas, con saída da Alameda compostelá
Numerosas
organizacións, entre elas a CIG, sumáronse á convocatoria de manifestación en
solidariedade con Cuba que terá lugar o próximo domingo día 18 de abril en
Compostela baixo o lema “Paremos a farsa ‘informativa’ contra Cuba”. Unha
mobilización promovida pola Asociación galego-cubana Francisco Villaamil en
denuncia da nova campaña mediática de condena á illa.
4/5/2009
En presenza dos máis de 1.500 asistentes ao Encontro Internacional de Solidariedade con Cuba
A central sindical
cubana incluíu á CIG no reducidísimo grupo de centrais e líderes sindicais que foron
homenaxeadas n’A Habana o sábado 2 de
maio no cadro das celebracións do 1º de
maio de 2009, ano especialmente significativo no que se conmemora o 70 aniversario
da fundación da CTC - Central de Traballadores de Cuba, que coincide tamén co
50 aniversario do trunfo da revolución cubana.
4/5/2009
No 50 aniversario do triunfo da Revolución e cando se cumpren 70 anos da fundación da Central de Traballadores
Arredor de 600.000
persoas residentes n’A Habana desfilaron pola Praza da Revolución da capital
cubana no acto central das celebracións do 1º de Maio de 2009. As conmemoracións deste ano teñen un especial
significado por canto se celebra o 50 aniversario do trunfo da revolución en
Cuba e o 70 aniversario da fundación da CTC -Central de Traballadores de Cuba.
23/10/2008
O VINDEIRO MARTES 28 DE OUTUBRO, A PARTIR DAS 20H EN COMPOSTELA
O Clube Internacional de Prensa, vai acoller unha conferencia baixo o título "Cuba: Economía, Política e Sociedade" a cargo de Darío Machado (Profesor do Instituto Internacional de Xornalismo "José Martí" de La Habana, e fundador do Consello Científico da Central de Traballadores de Cuba), aproveitando a súa estadía no noso país para unha actividade de formación sindical interna organizada por FESGA.
17/10/2008
CONFERENCIA-COLOQUIO SOBRE A SITUACIÓN POLÍTICA E SOCIAL EN CUBA
Dentro do marco do traballo de Formación Sindical, FESGA organiza como actividade de formación interna unha conferencia-coloquio a cargo do compañeiro Darío Machado (Politólogo cubano e profesor na Escola Nacional de Cadros Sindicais “Lázaro Peña” da Central de Traballadores de Cuba) na que se abordará a situación política e social en Cuba, que nos permita ilustrar e comprender as mudanzas en curso na revolución cubana, no contexto xeral dos avances políticos e sociais na América Latina, da actual crise económica mundial e do nacemento dunha nova orde multipolar mundial.
6/8/2008
Adhírete á iniciativa premendo na primeira ligazón desta noticia
A CIG apoia a campaña internacional para liberar os cinco prisioneiros antifascistas cubanos encarcerados inxustamente en prisións de EEUU por abortar plans terroristas organizados nese país para atacar a illa caribeña. Os cinco presos cubanos cumprirán, o vindeiro 12 de setembro, dez anos de cativerio en cadeas norteamericanas.