16/5/2012
CIG-Servizos convocou este martes unha concentración en Compostela, para exixir que Inditex cumpra os seus compromisos nesta materia
Traballadoras de Zara e representantes de CIG-Servizos concentrábanse
este martes diante da tenda da multinacional da Praza de Galiza, no centro de
Compostela. Denuncian as consecuencias que ten a decisión da empresa de aplicar
a reforma laboral para fixar horarios nuns casos e reducir xornadas, noutros,
para a conciliación da vida laboral e familiar do seu persoal.
29/2/2012
Poderanse presentar as solicitudes para os centros, que no vindeiro curso aplicarán unha suba considerábel das taxas, até o 31 de marzo
A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se aplicarán os novos prezos estabelecidos pola Xunta para as garderías, que no caso dalgúns servizos, como o de comedor, mesmo chegan a duplicar o custe actual.
23/2/2012
O departamento da CIG analiza as modificacións que introduce á reforma a respecto do permiso de lactación, redución de xornada ou vacacións
A Secretaría da Muller da CIG vén de denunciar o novo ataque contra os dereitos de conciliación das traballadoras e traballadores que supón a reforma laboral profundamente antiobreira aprobada polo PP. Unha reforma “que esquece compromisos adquiridos anteriormente” e que, no canto de avanzar na protección destes dereitos e favorecer a inserción laboral das mulleres, "recorta os únicos pasos dados até o de agora para conseguir unha igualdade efectiva".
18/5/2011
A diferenza das anteriores convocatorias, este ano as persoas solicitantes deberán terse acollido á redución de xornada entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011
A Secretaría de Muller da CIG vén de informar que acaban de saír publicadas no DOG as axudas aos traballadores homes e familias monoparentais que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.
4/3/2011
A Secretaría da Muller denuncia os profundos recortes levados a cabo no último ano polos gobernos nas políticas de igualdade
A Secretaría da Muller da CIG celebrou este venres o acto de entrega do V Premio 8 de Marzo, que foi outorgado á traballadora de Autobuses de Calo (Hedegasa), Nélida Pisco, pola dura batalla que nos últimos dous anos vén desenvolvendo polo seu dereito a conciliar a vida laboral e familiar. “A loita de Nélida é un verdadeiro exemplo de coraxe e superación. É a
loita dunha nai, dunha traballadora comprometida, que en ningún momento,
a pesares das dificultades, foi quen de renunciar ao seu dereito de
compatibilizar a súa maternidade co seu posto de traballo”, subliñaba a Secretaria de Organización da CIG durante o acto.
7/2/2011
A traballadora fora despedida por Hedegasa por pedir unha redución de xornada para atender a súa filla
Nélida Pisco, que fora despedida de Hedegasa (Autobuses de Calo) e que posteriormente gañara no xulgado o dereito a ser readmitida, logo de declararse nulo o seu despedimento, cumpriu o pasado xoves un mes traballando de novo. A pesar de que polo momento a situación non é ideal ao non existir unha relación formalizada coa empresa e que quedan asuntos que aclarar sobre como debe realizar a súa ruta, desde a CIG valórase como moi positiva a súa reincorporación logo de máis de dous anos de loita polos seus dereitos e de case un ano de ser despedida.
14/12/2010
CIG-Administración de Ourense reitera a súa demanda de cese inmediato do Xefe Territorial da consellaría de Traballo e Benestar de Ourense, José Selas
O xulgado do Social nº 1 de Ourense vén de
confirmar a denuncia realizada pola CIG-Administración, o pasado mes de
novembro, segundo a que o Xefe Territorial da consellaría de Traballo e
Benestar de Ourense denegara a unha traballadora o dereito a unha licenza por
lactación no tempo que esta solicitara. A sentenza cualifica a negación deste
dereito no horario de traballo como “non acorde a dereito” e “un ataque aos
dereitos fundamentais recollidos na Constitución”.