16/11/2011
Arredor dun cento de persoas concentrouse fronte á Deputación de Pontevedra para reclamar estabilidade laboral
Arredor dun cento de bombeiros de todos
os parques do país participaron hoxe na concentración convocada ás
portas da Deputación de Pontevedra para reclamar a readmisión de
dous compañeiros do Porriño. Os traballadores/as, que levan máis
de catro meses en folga, denuncian que a empresa que xestiona os
parques provinciais segue sen garantir a estabilidade laboral.
8/10/2011
A central nacionalista tamén denunciará na Inspección de Traballo as deficiencias detectadas nos equipos de protección individual
A CIG sostén que Celta Prix, a empresa encargada da xestión dos parques comarcais de bombeiros da provincia de Pontevedra, incumpre o prego de condicións ao ter catro empregados/as menos dos que figuran nas bases do concurso público. Ao mesmo tempo, dende a central nacionalista anunciaron que denunciarán na Inspección de Traballo as deficiencias detectadas nos equipos de protección individual.
13/9/2011
A empresa aínda non lles comunicou cando volverá entrevistar os afectados, tal e como se comprometeu
A folga que manteñen os bombeiros do parque comarcal do Porriño para esixir a readimisión dos compañeiros despedidos vén de superar os dous meses de duración. O pasado 11 de xullo decidían convocar un paro indefinido en solidaridade cos dous afectados, a quen a empresa lles comunicou un día antes do remate do período de proba que prescindía dos seus servizos alegando que o perfil non
se adaptaba ás súas necesidades.
12/7/2011
A empresa despediunos un día antes de que rematase o período de proba e os afectados iniciaron peches e unha folga de fame
Os bombeiros do Porriño, Ribadumia e Vilagarcía iniciaron este
luns unha folga indefinida en protesta polo despedimento de dous dos
traballadores do parque porriñés e para reclamar estabilidade
laboral. A empresa Celta Prix, encargada da xestión dos parques
comarcais pontevedreses, decidiu prescindir dos seus servizos un día
antes de que rematase o período de proba alegando que o perfil non
se adaptaba ás súas necesidades e os afectados iniciaron peches e
unha folga de fame.
27/6/2011
Os dous afectados están en folga de fame dende o venres e contan co peche solidario do cadro de persoal das dúas comarcas
Os bombeiros dos
parques do Porriño e do Salnés decidiron convocar un paro indefinido para esixir a readmisión dos dous compañeiros despedidos
un día antes de que rematase o seu período de proba. Os afectados
permanecen en folga de fame dende o pasado venres e contan co peche
solidario do cadro de persoal das dúas comarcas.
21/6/2011
Foron despedidos pola empresa Celta Prix un día antes de que rematase o período de proba sen ningunha explicación
Os 14 integrantes do parque de Bombeiros
do Porriño permanecen pechados nas instalacións do polígono das
Gándaras para reclamar a readmisión de dous compañeiros que foron
despedidos pola empresa Celta Prix un día antes de que rematase o
seu período de proba sen mediar explicación. Coa protesta, á que
xa se sumaron bombeiros do Salnés, demandan tamén maior
estabilidade laboral.
22/11/2010
A decisión xudicial, contra a que non cabe recurso, declara nula a sanción imposta por Celta Prix ao delegado de persoal da CIG
Unha
sentenza do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, contra a que
non cabe recurso, vén de confirmar a persecución sindical exercida
pola empresa que xestiona o parque comarcal de bombeiros do Morrazo
contra o delegado de persoal da CIG. A decisión xudicial considera
nula a sanción imposta por Celta Prix a Rubén Fraga ao entender que
“se debeu ao intento por parte da empresa de represaliar a activa
labor sindical do demandante” e obriga a compañía a abonarlle o
salario que deixou de percibir no tempo que durou a suspensión de
emprego e soldo.