10/3/2010
“O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”
A Confederación Intersindical Galega celebrou o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, con manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións, ameazados hoxe como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais que se están a promover desde os gobernos. Arredor de 20.000 persoas manifestáronse coa CIG, nas sete cidades, baixo o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando".
3/4/2009
Continúa a campaña de denuncia de incumprimento do convenio
Os delegados e delegadas da CIG-Construción realizaron o 3 de abril unha nova xornada de mobilización, de paralización e concentración en distintas obras e infraestruturas da xeografía galega para denunciar o incumprimento sistemático convenio no relacionado ao exceso de xornada, realizando un mínimo de dez horas diarias de traballo, asi como ás retribucións salariais que están a percibir os traballadores do sector, que cada vez se establecen máis á baixa. Desde a Federación da Construción da CIG adiantaron que esta campaña terá continuidade, "até que non se corrixa a actual situación".
5/3/2009
Denuncian trabas da dirección para acceder aos días de permiso recollidos en convenio nos casos de enfermidade dun parente
Arredor duns
cincuenta traballadores e traballadoras do centro de tratamento que Correos ten
en Lavacolla concentráronse esta tarde diante das instalacións para reclamar
melloras salariais, na organización do traballo e en materia de saúde laboral.
O persoal reivindicou así mesmo que se dea cumprimento do convenio en materia
de permisos por enfermidade de familiares, denunciaron que a dirección do
centro non cumpriu coa obriga de reducir a xornada aos traballadores/as que
tiveron que estar nas mesas electorais e mesmo ameazou ao persoal que acudise á
concentración con descontar do salario o tempo da mobilización.
7/1/2009
O xefe pechou as portas da empresa hai unha semana
Os traballadores da empresa viguesa de electricidade Rodi hai unha semana que encontraron as portas da sua empresa pechadas, ademais de levar desde o mes de outubro co impago dos seus salarios, polo que desde o 7 de xaneiro mobilizaranse para demandar que se lles reintegre as cantidades que se lles deben e polo mantemento dos postos de traballo. O mércores mobilizáronse ao longo da mañá, desde as dez, fronte á estación de servizo de Teis e xunto a Fenosa.
11/7/2008
Se a contención salarial freara a inflación, en Galiza sería un 30% inferior á estatal
O IPC do mes de xuño incrementouse nun 0,6% en
Galiza situándose no 5,4%, fronte ao 5% da media estatal. A CIG atribúe este
incremento á especulación, que afecta fundamentalmente ao cru e aos alimentos, pero
tamén ás altas taxas de beneficios empresariais, algo que a central vén
denunciando desde hai anos e que agora, por fin, tivo que recoñecer até o
propio Banco de España.
28/4/2008
Volverán a concentrarse o próximo martes, día 6 de maio, ás 12:00 h ante o Clínico
Os traballadores de Viproga, empresa de Seguridade
encargada do servizo de vixilancia do Complexo Hospitalario Universitario de
Santiago (CHUS) concentráronse na mañá deste luns, 28 de abril, ante os accesos
ás consultas externas do hospital Clínico en demanda do pago dos atrasos. En
solidariedade e para manifestar o seu apoio, á concentración convocada pola CIG,
sumáronse tamén outros traballadores do sector.