Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
salarios
6/2/2012 O traballo inclúe entrevistas a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva
A Fundación Moncho Reboira-Fesga presenta un traballo audiovisual que recolle a análise sobre o recente acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME (“II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva”). Inclúe entrevistas con Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da central.
25/1/2012 Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva asegura que “estamos ante o maior ataque da historia aos salarios da clase traballadora”
A CIG manifesta a súa máis enérxica e rotunda oposición á cesión de CCOO e UGT ante as demandas da patronal, asinando un acordo polo que os incrementos salariais deixarán de calcularse en función do IPC como até o de agora. O secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara considera que estamos “ante o maior ataque na historia aos salarios da clase traballadora”.
13/10/2011 Aseguran que, pola contra, se precarizan as condicións laborais dos taballadores/as da Área Sanitaria
CIG-Saúde vén de denunciar os desproporcionados salarios dos directivos do CHUS, dados a coñecer o pasado venres pola xerente do SERGAS, Rocío Montero. Salarios que se corresponden cos seus anteriores cargos, sen que se dera a coñecer os que terán agora que asumen novas responsabilidades. Fronte a estas cantidades, CIG-Saúde pon de manifesto que, entre mentres, as/os traballadoras/es da empresa da limpeza do hospital mobilízanse para denunciar os recortes que se aplicarán á contrata. Recortes que, advirten, van afectar á calidade da limpeza hospitalaria.
13/6/2011 A empresa intentou presentar un ERE que ela mesma retirou porque non estaba xustificado por causas económicas, nin produtivas
A CIG-Metal de Compostela e os traballadores/as de EFCAL comezaron a mobilizarse, o pasado venres día 10 de xuño, inicialmente con concentracións ante o centro de traballo, en demanda dos salarios que se lles adebedan, unha media de 5 meses. A empresa intentou presentar un ERE no mes de abril, que ela mesma retirou, logo de que desde o Comité e a CIG se rexeitara, ao non haber causa económica, produtiva ou organizativa algunha que o xustificara.
5/5/2011 Moitos empregados/as públicos/as non cobraron até o día 2 ou 3 de maio
O sector autonómico da CIG-Administración vén de exixir que se depuren responsabilidades para evitar que, no futuro, se volvan a repetir situacións como a que se deu a principios deste mes de maio, con atrasos no cobro dos salarios dos empregados e empregadas públicos/as até o 2 ou o 3 de maio. O persoal da Xunta leva xa acumulados moitos puntos de perda de poder adquisitivo, e máis co último recorte salarial, “para aínda por riba ter que soportar cargas financeiras adicionais”, din.
17/11/2010 Consideran que se trata dun “globo sonda” para desprestixiar os servizos públicos para xustificar logo a súa privatización
A Área Pública da CIG (Ensino, Sanidade e Administración) considera un “insulto” que logo da redución do 5% dos salarios, da conxelación da oferta de emprego público e da sobrecarga de traballo que padecen os empregados e empregadas públicos/as, sobre todo en servizos esenciais para a comunidade como Ensino, Sanidade ou Servizos Sociais, se lance agora un “globo sonda” á opinión pública sobre ligar á produtividade os salarios dos empregados e empregadas públicos/as. 
1/5/2010 Exixen unha reforma estrutural, para que se potencien os sectores produtivos, un incremento do gasto social e unha reforma fiscal para que pague máis quen máis ten
Miles de persoas saíron á rúa neste Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, para manifestarse coa CIG en demanda de emprego e salarios dignos e para reclamar unha reforma do sistema fiscal para que se garanta a súa progresividade para que a crise non a pague a clase traballadora, senón aqueles que a provocaron. A manifestación central, e a máis numerosa, foi a convocada en Vigo, onde participaron 8.000 de persoas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com