Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
crise
10/2/2012 A CIG de Ferrol desenvolve un programa de actos nos concellos da comarca para evidenciar que fronte a crise, hai alternativas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou na tarde do xoves un acto reivindicativo no Concello de Cedeira, dentro do programa acordado con motivo da campaña “Outro modelo económico e social é posíbel. Contra a crise, hai alternativa”, que incluíu unha concentración na Praza de Galiza de Cedeira na que se esixiu un cambio de rumbo nas políticas de recortes e ataques á clase traballadora aplicadas polos gobernos até o momento.
27/1/2012 Segundo a EPA, Pontevedra foi a provincia que máis emprego destruíu, mentres que Vigo rexistrou o 33% dos novos parados/as de todo o País no último trimestre de 2011
Os datos da EPA coñecidos este venres volven revelar o deterioro progresivo e imparábel do mercado laboral, así como a ineficacia das medidas impostas polos gobernos galego e español baseadas nas políticas de austeridade, a contención do gasto público e dos salarios. Galiza rematou o ano con 71.800 fogares con todos os seus membros no paro, case 10.000 vivendas máis afectadas que no mesmo período do ano anterior. Dramáticos resultan tamén os datos da cidade de Vigo que, no cuarto trimestre de 2011, sumou o 33% do total dos/as 10.600 novos desempregados/as de todo o País.
3/1/2012 A temporalidade é “escandalosa”, só un 6% dos novos contratos foron indefinidos
O paro segue medrando en Galiza por riba da media estatal. Mentres que no conxunto do Estado o número de desempregados/as se incrementou en 1.897 persoas en decembro, en Galiza inscribíronse 4.818 novos/as parados/as, só por detrás de Castela-León, sumando un total de 258.234. A contratación experimentou unha espectacular caída e dos novos contratos asinados só un 6% foron indefinidos. A CIG denuncia que esta situación constata a paralización do mercado de traballo e “a incapacidade do goberno do PP, á fronte da xunta de Galiza, para pór en marcha políticas de apoio aos sectores produtivos para favorecer a creación de emprego”, afirma o secretario confederal de Emprego, Antonio López Rivera.
25/11/2011 A secretaría da Muller clama contra as subvencións a organizacións ultracatólicas, mentres se recorta en políticas de igualdade, servizos sociais, saúde e educación
No decurso da mañá deste 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia contra as mulleres, celebráronse concentracións simbólicas nas distintas comarcas de Galiza, para denunciar as consecuencias que as políticas de recorte dos gobernos do PSOE e do PP están a ter para as mulleres. Medidas que, co pretexto da crise, eliminan prestacións, servizos e dereitos, agravando aínda máis as desigualdades entre homes e mulleres.
6/11/2011 As centrais sindicais demandan medidas que permitan a recuperación do tecido industrial nas dúas comarcas e un cambio radical nas políticas de axustes
Miles de persoas participaron na mañá deste domingo nas manifestacións convocadas polas centrais sindicais maioritarias nas cidades de Vigo e Ferrol en defensa do emprego e dos servizos públicos e en demanda dun xiro radical nas políticas de recortes e axustes adoptadas polos Gobernos galego e español que permita unha saída á crise favorábel para a maioría social e facilite a creación de postos de traballo. Na mobilización de Ferrol denunciouse a situación de “emerxencia social e económica” que padecen as comarcas e esixíronse medidas inmediatas para garantir os 17.000 empregos que dependen da actividade dos estaleiros. No caso de Vigo fíxose fincapé en que o número de persoas desempregadas increméntase nun millar cada mes (superándose xa as 62.000) e que máis de 50.000 veciños/as da comarca atópanse xa en situación de pobreza.
23/10/2011 Preto de 3.000 persoas percorreron as rúas de Compostela, malia a chuvia e o vento, para exixir outras políticas económicas e sociais
Preto de 3.000 persoas sumáronse á convocatoria da CIG, na primeira mañá de chuvia e frío deste outono, para exixir un cambio radical nas políticas que os gobernos da Xunta e do Estado veñen aplicando. Así o demandou o secretario xeral, Suso Seixo, quen denunciou que hoxe, as traballadoras e traballadores galegos “estamos claramente ameazados por políticas económicas de recorte do gasto social” que levan, dixo, a un “incremento do desemprego, á destrución do tecido produtivo” e que poñen en perigo servizos sociais básicos como a sanidade e o ensino públicos.
20/10/2011 A Unión Comarcal de Ferrol celebrou unha asemblea aberta na que se chamou á loitar por un cambio de modelo e se animou a participar na manifestación do 23 de outubro
Proseguindo co calendario de actos enmarcados na campaña “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos sociais”, a CIG de Ferrol celebrou unha asemblea aberta na tarde do mércores na que participou tamén o Secretario Xeral da central nacionalista. Seixo demandou un cambio nas políticas fiscais, que debe pasar por máis impostos para as rendas máis altas e a persecución da fraude e dos paraísos fiscais, ao tempo  que criticou o recorte do gasto social e do investimento público nun momento no que este é a única vía para xerar emprego e reactivar a economía
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com