27/1/2012
Segundo a EPA, Pontevedra foi a provincia que máis emprego destruíu, mentres que Vigo rexistrou o 33% dos novos parados/as de todo o País no último trimestre de 2011
Os datos da EPA coñecidos este venres volven revelar o deterioro progresivo e imparábel do mercado laboral, así como a ineficacia das medidas impostas polos gobernos galego e español baseadas nas políticas de austeridade, a contención do gasto público e dos salarios. Galiza rematou o ano con 71.800 fogares con todos os seus membros no paro, case 10.000 vivendas máis afectadas que no mesmo período do ano anterior. Dramáticos resultan tamén os datos da cidade de Vigo que, no cuarto trimestre de 2011, sumou o 33% do total dos/as 10.600 novos desempregados/as de todo o País.
3/1/2012
A CIG denuncia que milleiros de mozos/as están a emigrar en busca dunha saída laboral
O número de ourensáns/ás inscritos nas oficinas do INEM a 31 de decembro de 2011 foi de 28.217, o que supón un incremento de 1.737 persoas con respecto ao ano anterior. Dende a CIG denuncian o impacto que o desemprego está a ter especialmente entre a xente nova e critican a ausencia de medidas do anunciado plan Impulsa da Xunta para a provincia.
3/1/2012
A temporalidade é “escandalosa”, só un 6% dos novos contratos foron indefinidos
O paro segue medrando en Galiza por riba da media estatal. Mentres que no conxunto do Estado o número de desempregados/as se incrementou en 1.897 persoas en decembro, en Galiza inscribíronse 4.818 novos/as parados/as, só por detrás de Castela-León, sumando un total de 258.234. A contratación experimentou unha espectacular caída e dos novos contratos asinados só un 6% foron indefinidos. A CIG denuncia que esta situación constata a paralización do mercado de traballo e “a incapacidade do goberno do PP, á fronte da xunta de Galiza, para pór en marcha políticas de apoio aos sectores produtivos para favorecer a creación de emprego”, afirma o secretario confederal de Emprego, Antonio López Rivera.
3/11/2011
A CIG considera especialmente grave que o número de desempregados/as que non perciben ningunha prestación supere xa as 100.000 persoas
O deterioro do mercado laboral continúa o seu avance sen que os gobernos adopten medidas para virar esta situación. Segundo os datos feitos públicos este xoves polo Ministerio de Traballo, o número de desempregados en Galiza sitúase xa nas 242.142 persoas, sumando 9.224 parados/as máis que no mes de setembro (un 3.9%). Porén, resulta especialmente alarmante a evolución interanual do desemprego, situada xa no 8.1%, fronte á suba do 6,7% rexistrada no estado, e incrementando en 18.248 o número de persoas sen traballo no noso País a respecto de outubro de 2010.
28/10/2011
Descende o número de ocupados, increméntase a taxa de paro e elévase a precariedade, o que evidencia o fracaso das sucesivas medidas impostas, nomeadamente a reforma laboral
Os datos da EPA
revelan o grave deterioro do mercado laboral. Por vez primeira descende no III
Trimestre a ocupación, cando se trata dun período que colle os meses de verán,
onde sempre se constatou un aumento do número de ocupados/as. Tal é así, que con
respecto ao mesmo trimestre do ano 2008, que foi cando comezou a sentirse a
crise en Galiza, o número de ocupados descendeu en 127.000 persoas, pasando de 1.214.500 a 1.087.000.
O número de ocupados diminuíu tamén respecto do II Trimestre deste ano, en
4.400 persoas.
22/8/2011
Incrementáronse nun 450% respecto do ano 2010
Dos últimos datos de ERE rexistrados no período
de xaneiro a xuño, na provincia de Ourense, tírase que os Expedientes de Regulación de Emprego experimentaron un incremento do 450%
sobre os rexistrados no mesmo período do ano 2010. A CIG de Ourense
constata que mentres que no ano anterior a Delegación de Traballo aprobou 6
expedientes, no que vai de ano xa se aprobaron 33.
29/7/2011
Os contratos temporais asinados entre abril e xuño soben un 4.7% fronte ao 0.4% de indefinidos, segundo os datos da EPA
O número de desempregados e desempregadas en Galiza no segundo trimestre de 2011 incrementouse en 17.800 persoas (un 8.8%) a respecto da mesmas datas do pasado ano, segundo revelan os datos da Enquisa de Poboación Activa feitos públicos este venres. Aínda que a o número de parados/as descendeu no segundo trimestre en 6.900 persoas e a taxa de ocupación sufriu un incremento, a comparativa interanual pon de manifesto que o noso País continúa inmerso nunha profunda situación de crise e de destrución imparábel de empregos.