Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
desemprego
27/1/2012 Segundo a EPA, Pontevedra foi a provincia que máis emprego destruíu, mentres que Vigo rexistrou o 33% dos novos parados/as de todo o País no último trimestre de 2011
Os datos da EPA coñecidos este venres volven revelar o deterioro progresivo e imparábel do mercado laboral, así como a ineficacia das medidas impostas polos gobernos galego e español baseadas nas políticas de austeridade, a contención do gasto público e dos salarios. Galiza rematou o ano con 71.800 fogares con todos os seus membros no paro, case 10.000 vivendas máis afectadas que no mesmo período do ano anterior. Dramáticos resultan tamén os datos da cidade de Vigo que, no cuarto trimestre de 2011, sumou o 33% do total dos/as 10.600 novos desempregados/as de todo o País.
3/1/2012 A CIG denuncia que milleiros de mozos/as están a emigrar en busca dunha saída laboral
O número de ourensáns/ás inscritos nas oficinas do INEM a 31 de decembro de 2011 foi de 28.217, o que supón un incremento de 1.737 persoas con respecto ao ano anterior. Dende a CIG denuncian o impacto que o desemprego está a ter especialmente entre a xente nova e critican a ausencia de medidas do anunciado plan Impulsa da Xunta para a provincia.
3/1/2012 A temporalidade é “escandalosa”, só un 6% dos novos contratos foron indefinidos
O paro segue medrando en Galiza por riba da media estatal. Mentres que no conxunto do Estado o número de desempregados/as se incrementou en 1.897 persoas en decembro, en Galiza inscribíronse 4.818 novos/as parados/as, só por detrás de Castela-León, sumando un total de 258.234. A contratación experimentou unha espectacular caída e dos novos contratos asinados só un 6% foron indefinidos. A CIG denuncia que esta situación constata a paralización do mercado de traballo e “a incapacidade do goberno do PP, á fronte da xunta de Galiza, para pór en marcha políticas de apoio aos sectores produtivos para favorecer a creación de emprego”, afirma o secretario confederal de Emprego, Antonio López Rivera.
2/12/2011 O incremento mensual foi dun 4,6%, mentres que na media estatal foi do 1,37%
A CIG considera que os datos do paro rexistrado no mes de novembro son catastróficos. Mentres que na media estatal se incrementou un 1,37%, en Galiza foi do 4,6%. Ao longo do mes destruíronse 11.274 empregos, 375 diarios, alcanzando a cifra dos 253.416 parados/as. Respecto do mesmo mes do ano anterior, o desemprego incrementouse nun 9,3%. En datos absolutos, o paro medrou en Galiza máis que en ningunha outra comunidade do estado.
6/11/2011 As centrais sindicais demandan medidas que permitan a recuperación do tecido industrial nas dúas comarcas e un cambio radical nas políticas de axustes
Miles de persoas participaron na mañá deste domingo nas manifestacións convocadas polas centrais sindicais maioritarias nas cidades de Vigo e Ferrol en defensa do emprego e dos servizos públicos e en demanda dun xiro radical nas políticas de recortes e axustes adoptadas polos Gobernos galego e español que permita unha saída á crise favorábel para a maioría social e facilite a creación de postos de traballo. Na mobilización de Ferrol denunciouse a situación de “emerxencia social e económica” que padecen as comarcas e esixíronse medidas inmediatas para garantir os 17.000 empregos que dependen da actividade dos estaleiros. No caso de Vigo fíxose fincapé en que o número de persoas desempregadas increméntase nun millar cada mes (superándose xa as 62.000) e que máis de 50.000 veciños/as da comarca atópanse xa en situación de pobreza.
3/11/2011 A CIG considera especialmente grave que o número de desempregados/as que non perciben ningunha prestación supere xa as 100.000 persoas
O deterioro do mercado laboral continúa o seu avance sen que os gobernos adopten medidas para virar esta situación. Segundo os datos feitos públicos este xoves polo Ministerio de Traballo, o número de desempregados en Galiza sitúase xa nas 242.142 persoas, sumando 9.224 parados/as máis que no mes de setembro (un 3.9%). Porén, resulta especialmente alarmante a evolución interanual do desemprego, situada xa no 8.1%, fronte á suba do 6,7% rexistrada no estado, e incrementando en 18.248 o número de persoas sen traballo no noso País a respecto de outubro de 2010.
28/10/2011 Descende o número de ocupados, increméntase a taxa de paro e elévase a precariedade, o que evidencia o fracaso das sucesivas medidas impostas, nomeadamente a reforma laboral
Os datos da EPA revelan o grave deterioro do mercado laboral. Por vez primeira descende no III Trimestre a ocupación, cando se trata dun período que colle os meses de verán, onde sempre se constatou un aumento do número de ocupados/as. Tal é así, que con respecto ao mesmo trimestre do ano 2008, que foi cando comezou a sentirse a crise en Galiza, o número de ocupados descendeu en 127.000 persoas, pasando de 1.214.500 a 1.087.000. O número de ocupados diminuíu tamén respecto do II Trimestre deste ano, en 4.400 persoas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com