Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Vigo Vigo
10/2/2012 O xoves realizarán unha nova concentración nos centros de traballo e máis adiante outra fronte ao Marco
Máis de 400 empregados/as da delegación da Xunta de Galiza en Vigo realizaron este mediodía unha concentración de protesta diante do edificio autonómico para amosar o seu rexeitamento aos recortes laborais propostos polo Goberno galego. O vindeiro xoves levarán a cabo concentracións fronte aos centros de traballo e máis adiante convocarán outro fronte ao Marco.
10/2/2012 A decisión adoptada polo consello do principal acredor contempla a quita do 80% da débeda
O consello da sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) decidiu por ampla maioría adherirse ao convenio de Vulcano, o que abre unha porta á supervivencia do estaleiro vigués, que evita deste xeito ter que ir á liquidación da empresa. O acordo contempla a quita do 80% da débeda do estaleiro con sede no barrio de Teis.
9/2/2012 O comité de empresa desprazouse até Madrid, cidade na que este venres se vai tomar a decisión
Os traballadores do estaleiro vigués Vulcano iniciaron este mediodía un peche no interior das instalacións que manterán até que se coñeza se a sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) acepta a quita do 80% das débedas do estaleiro. O encerro manterase mentres o comité de empresa non regrese de Madrid coa resolución do consello de Pymar. Os afectados tamén percorreron a rúa Sanjurjo Badía en manifestación.
26/1/2012 Ao remate da manifestación convocada pola CIG denunciouse a falta de vontade política para salvar unha industria básica para a comarca
Máis de 5.000 persoas participaron esta tarde en Vigo na manifestación convocada pola CIG en defensa do naval. Dende a central nacionalista denunciaron a falta de vontade política para solucionar a grave crise que atravesa o sector e reclamaron a implicación dos Gobernos español e galego cunha industria fundamental para a comarca e estratéxica para o conxunto da economía do país.
24/1/2012 A CIG chama á veciñanza da comarca a implicarse na defensa dunha industria fundamental para a economía do país
A CIG fai un chamamento á veciñanza de Vigo para que acuda á manifestación en defensa do naval convocada para este xoves 26 de xaneiro na cidade xa que entende que só coa mobilización se conseguirá salvar un sector do que depende a economía da comarca e en gran medida a do conxunto do país. A marcha partirá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará diante do edificio da Xunta de Galiza coa lectura dun manifesto.
20/1/2012 O calendario de mobilizacións da CIG para este mes remata o xoves 26 de xaneiro cunha manifestación dende Vía Norte ás 20.00 horas
A CIG fai un chamamento á veciñanza de Vigo para que acuda á manifestación en defensa do naval convocada para este xoves 26 de xaneiro na cidade xa que entende que só coa mobilización se conseguirá salvar un sector do que depende boa parte da economía da comarca. A marcha partirá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará diante do edificio da Xunta de Galiza.
20/1/2012 Alerta do déficit de prazas públicas no centro da cidade e reclama unha reordenación
A CIG-Ensino vén de reclamar ao Xefe Territorial de Educación a reordenación das zonas educativas en Vigo, alén de manifestar a súa preocupación pola escasa oferta de prazas e colexios públicos no centro da cidade. Valora que a administración educativa amosara certa receptividade ás súas demandas e que comunicara que xa está bastante adiantado o traballo de remodelación das devanditas zonas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com