9/2/2012
Nas máis de 100 sentenzas xa ditadas ratifícase que os contratos de SEAGA están en fraude de lei e recoñécese o carácter de fixo descontinuo
Traballadores e traballadoras de SEAGA participaron esta mañá
nunha asamblea aberta, na praza da Quintana, para avaliar o resultado das
demandas presentadas, valorar a situación derivada das sentenzas xa ditadas e
debater sobre as medidas de presión a adoptar para regularizar a súa situación.
O persoal de Seaga no seu conxunto, acordou exixir o inicio da precampaña a
través desta empresa pública no mes de marzo, tendo en conta as especialmente
adversas condicións climatolóxicas que se veñen dando este ano. Ao remate da asemblea, saíron en
manifestación e remataron en San Caetano, ante a consellaría de Mar e Medio
Rural.
14/12/2011
A Xunta de Galiza podería gastar máis dun millón de euros en facer fronte ás máis de 200 reclamacións presentadas por traballadores/as de Seaga
O Tribunal Supremo
ditaminou, en dúas sentenzas, que toda a contratación que realice SEAGA ten que
se facer a través da modalidade de fixos descontinuos e que a actual forma de
contratación baixo a modalidade “por obra” é ilegal. Xunto a estas, outra
sentenza tamén do Supremo, determina que o traballo que se realiza en Seaga é
cesión ilegal e que, polo tanto, o traballador demandante ten que ser
readmitido no Pladiga, é dicir, nos medios propios da Xunta de Galiza. Esta
sentenza abre a porta a que os 2.000 traballadores de SEAGA reclamen por cesión
ilegal e pasen a formar parte do Pladiga.
5/10/2011
O alto tribunal estima, deste xeito, a demanda formulada pola CIG de Verín
A sala do social do Tribunal Supremo vén de publicar a súa
Sentenza de 22 de Setembro de 2011, pola que se estima o Recurso de Casación interposto
polos servizos xurídicos da CIG de Verín. O Supremo anula unha sentenza previa
do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e recoñece a improcedencia do
despedimento dun traballador temporal da empresa pública Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA). Declara
que existe fraude de lei, dada a condición de indefinido-descontinuo do citado
traballador, por ter sufrido un encadeamento irregular de contratos, subscritos,
en determinados ciclos temporais, para a actividade normal e permanente da citada
patronal pública.
11/8/2011
Reiteran a necesidade de que se esclarezan as causas que provocaron o accidente para que non se volva a repetir
O 12 de agosto cúmprese un ano da morte de Xulio e de Rodrigo, os dous
brigadistas de Seaga falecidos no incendio de Fornelos. Os traballadores de
Seaga non o esquecen e por este motivo, mañá venres día 12 todas as brigadas de
Seaga procederán a colocar un cartaz recordatorio en todos os vehículos así
como crespóns negros tanto nos vehículos e nas fundas de traballo.
29/6/2011
Denuncian que o operativo de extinción non estará completado, en teoría, até o 25 de xullo, malia o alto risco existente e anuncian mobilizacións
Representantes de comités de empresa de Seaga,
acompañados polo secretario nacional de CIG-Servizos, comparecían esta mañá en
rolda de prensa para reclamar que todos os servizos de prevención e extinción
de incendios sexan públicos e estean unificados no Pladiga, rematando así coa
“economía do lume” fomentada desde a consellaría de Medio Rural. Denunciaron
que o operativo de extinción non estará funcionando ao completo cando menos até
o 25 de xullo, malia a situación de risco extremo na que se atopa Galiza, e
anunciaron mobilizacións e mesmo a convocatoria de folga, durante este verán.
11/4/2011
Exixen que a Xunta aclare se vai chamar ou non aos traballadores de Seaga que agardan a súa incorporación no servizo de extinción
Traballadores de SEAGA e representantes da CIG compareceron esta mañá
en rolda de prensa, diante da porta de entrada da Dirección xeral de Montes,
para denunciar a falta de persoal e de medios cos que a Xunta de Galiza está a
afrontar a precampaña de incendios. Como exemplo puxeron a queima controlada
que acabou provocando esta fin de semana un incendio dunhas 500 ha en Bande (Ourense) e
que obrigou a recorrer a medios estatais para sofocalo. Un incendio do que Paulo
Rubido, secretario nacional de CIG-Servizos responsabiliza directamente ao
conselleiro de Medio Rural, por non ter montado aínda o operativo para a
precampaña de extinción de incendios.
7/4/2011
A CIG denuncia que a Xunta quere desmantelar o servizo e anuncia que seguirán as mobilizacións para reclamar melloras laborais
Axentes
antidisturbios da Policía Autonómica desaloxaron os
traballadores/as das brigadas helitransportadas de Seaga que ocuparan a base de Toén, en Ourense, para denunciar que a
empresa aínda non os chamou para iniciar a campaña de prevención de incendios.
Dende a CIG-Servizos denuncian que a Xunta pretende desmantelar un
operativo que debera estar en funcionamento dende o mes de marzo e
anunciaron que as mobilizacións continuarán até lograr que os
empregados da empresa pública acaden unha mínima estabilidade
laboral e unhas condicións de traballo dignas.