Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
comercio vario
7/5/2010 Os compañeiros trasladaranse á capital galega para recibilos e recoñecer o seu esforzo
Os traballadores de Francisco Parada agardan culminar mañá a súa peregrinación reivindicativa a Compostela, logo de catro xornadas de marcha para cubrir o camiño francés dende Sarria. Aínda que un dos traballadores tivo que abandonar a marcha tras a recomendación dos servizos sanitarios por mor das numerosas feridas que presenta nos pés, os outros dous operarios continúan a súa protesta a bo ritmo.
6/5/2010 O grupo de apoio creado no Facebook suma xa máis de 1.300 seareiros
Con moito ánimo, algo de sorte co tempo e moita, moita forza de vontade, os tres traballadores da empresa Francisco Parada que o mércores iniciaron o camiño de Santiago avanzan na súa marcha cara a Compostela para esixir o cobro de todos os atrasos salariais pendentes e denunciar a actitude irresponsábel dun empresario que se preocupa máis por gastar os cartos en querelas contra a CIG que por facer fronte as súas obrigas cos traballadores/as.
20/4/2010 CIG-Servizos lembra que seis empregados teñen interpostas cinco demandas xudiciais contra a empresa, cuxo primeiro xuízo terá lugar en xullo
A Federación de Servizos da CIG quere lembrar, diante das últimas declaracións do propietario dos estabelecementos Francisco Parada, que os traballadores/as da empresa continúan sen cobrar os salarios atrasados e mesmo teñen pendente o cobro de varios meses correspondentes á baixa médica. O vindeiro mes de xullo terá lugar o xuízo pola demanda de extinción de contratos de seis empregados, aínda que as vistas polas catro demandas derivadas do impago dos salarios e os atrasos non terán lugar até 2011, polo que os traballadores cobrarán, como mínimo, un ano e medio máis tarde do que legalmente lles correspondería.
23/3/2010 Delegados e delegadas da CIG concentraranse esta tarde, ás 19:30 horas, diante da tenda da compañía
Delegados e delegadas da CIG concentraranse na tarde do martes 23 de marzo diante do estabelecemento de Francisco Parada, situado na céntrica rúa Fernando Macías de A Coruña, para reclamar o pagamento dos salarios que o empresario adebeda a boa parte dos traballadores/as. A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que a central iniciou hai máis dun mes para esixir ao empresario que faga fronte ás súas débedas.
10/3/2010 O empresario continúa sen solicitar concurso de acredores a pesar da situación de quebra da compañía
Delegados e delegadas da CIG-Servizos repetiron as concentracións iniciadas hai unhas semanas diante da tenda de Francisco Parada no centro de A Coruña para demandar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do seus traballadores e traballadoras. Dende a CIG-Servizos advirten que as protestas continuarán até que a empresa faga fronte a todas as súas débedas.
24/2/2010 O empresario, que adebeda até seis meses de nóminas a un grupo de traballadores/as, vén de contratar aos avagados máis caros de A Coruña
Os traballadores e traballadoras de Francisco Parada, empresa dedicada a comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, continuaron na tarde deste mércores o calendario de mobilizacións para reclamar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do cadro de persoal. Pola súa banda, o propietario da compañía respondeu as protestas contratando aos avogados máis caros de A Coruña “para que o axuden a non pagar as súas débedas”.
18/2/2010 As protestas continuarán nos vindeiros días
Os traballadores e traballadoras de Francisco Parada, empresa dedicada a comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, iniciaron esta mañá un calendario de mobilizacións para reclamar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do cadro de persoal. As protestas continuarán até que o propietario abone todas as contías atrasadas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com