27/10/2010
Demandan estabilidade laboral e garantías de futuro para unha TVG e Radio Galega públicas
Traballadores/as da CRTVG concentráronse na mañá deste mércores nas
instalacións da compañía en San Marcos, convocados polo Comité Interempresas en
defensa do futuro público da CRTVG e en demanda de estabilidade laboral. Desde
o Comité anuncian que se convocarán paros puntuais e que xa se iniciou unha
recollida de sinaturas neste sentido.
20/10/2009
CIG-Ensino reclama á Consellaría que prorrogue o acordo de mantemento do emprego no sector vixente até hai uns meses
A CIG-Ensino vén de denunciar a situación na que se atopa o profesorado que perdeu o seu posto de traballo nos centros concertados e a actitude mantida pola Consellaría de Educación de non pór en marcha o acordo en vigor nos últimos anos, que permite a recolocación do persoal docente que fica sen emprego como consecuencia da supresión ou redución do número de unidades nos centros.
9/10/2009
A pescuda afecta á provincia de A Coruña e xa están citados uns 200 docentes
A Inspección de Traballo está a realizar unha investigación sobre os nomeamentos de profesorado substituto durante o verán de 2008, que poderían supor a reclamación aos traballadores/as afectados do diñeiro percibido pola prestación de desemprego e a anulación da cotización á Seguridade Social deses meses. A actuación da Inspección responde as melloras laborais recollidas no acordo do ano 2006 polo que o profesorado substituto que acumulase cinco meses e medio de contrato conseguía o dereito a un nomeamento durante o mes de xullo e os días pertinentes de agosto.
17/9/2009
As primeiras sentenzas contra a empresa pública recoñecen a improcedencia dos despedimentos
Os traballadores e as traballadoras de SEAGA retomaron as accións de protesta esta mañá, desta volta despregando dúas faixas dende unha das terrazas de San Caetano nas que se podía ler “Servizo Público, Emprego Estábel” e “SEAGA solución”. Con esta medida, o persoal do servizo contra incendios quere chamar a atención sobre a súa problemática situación laboral, que logo das mobilizacións levadas a cabo antes do verán, continúa sen solucionarse, así como exixir ao conselleiro de Medio Rural que aclare cal vai ser o futuro da empresa.
11/6/2009
Os comités provinciais valoran moi positivamente o seguimento da folga e da manifestación
Arredor de 400 traballadores e traballadoras
de SEAGA fixeron oír as súas reivindicacións no transcurso da manifestación que
levaron a cabo o xoves, 11de xuño, dende a sede central da empresa pública no
Polígono do Tambre de Compostela até a Consellaría de Medio Rural, reclamando a
inmediata readmisión do persoal despedido e unha solución que poña fin a
eventualidade dos seus postos. A marcha coincidía coa convocatoria de folga en
todos os centros de SEAGA no País, cuxo seguimento dende os Comités provinciais
valoraron de xeito moi positivo, “dadas as presións e as medidas da empresa
para evitar que o persoal secundase o paro”. Así mesmo, solicitouse a dimisión
da dirección da empresa, pois “xa ten demostrado que non sabe facer o seu
traballo”.
17/4/2009
Sinalan que teñen que realizar xornadas de até 18 horas con salarios mínimos e sen estabilidade laboral
O Comité de SEAGA de A Coruña denunciou en
rolda de prensa o “reiterado incumprimento” do acordo acada en marzo pasado
para dotar de maior estabilidade laboral aos traballadores/as deste empresa pública
dependente da Consellaría do Medio Rural. Dende o Comité sinalaron que o
persoal ten que realizar “xornadas de 18 horas con salarios de miseria, os
desprazamentos van por cargo do traballador/a ás veces superiores aos 150 km.e
incúmprese a normativa de prevención de riscos laborais”, entre outras cousas.
25/9/2008
Tanto a empresa adxudicataria como a administración negaban esta posibilidade
O laudo arbitral ditado polo AGA, dependente do Consello Galego de
Relacións Laborais, vén de darlle a razón á CIG ao recoñecer o dereito das 10
traballadoras e o traballador despedidos de Galicia Dixital a ser subrogados.
Unha posibilidade que negaban tanto a empresa que gañou a concesión como
Presidencia, de quen depende a exposición, a través da Secretaría Xeral de
Comunicación, e que implica que os traballadores/as poden manter o mesmo posto
de traballo aínda que cambie a empresa concesionaria.