6/3/2010
A compañía, con sede en A Coruña, iniciou un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades
Os traballadores de Siemsa Galicia, empresa dedicada á montaxe e mantemento dos parques eólicos, iniciaron na tarde do venres 5 de marzo mobilizacións para denunciar a destrución masiva de postos de traballo e demandar información sobre o futuro da compañía, que vén de iniciar un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades.
25/2/2010
A empresa asentada en Narón adebeda cinco mensualidades aos 20 operarios
Os traballadores de Inclima, empresa de frío industrial asentada en Narón, levan tres días en folga para reclamar o pagamentos dos atrasos salariais e a rescisión dos seus contratos. A empresa, que se atopa nunha situación económica problemática, leva sen facer fronte ás súas responsabilidade económicas cos 20 operarios dende o pasado mes de outubro, polo que a maioría do persoal tivo que recorrer á vía xudicial para solicitar a rescisión do contrato.
18/2/2010
A empresa, dedicada á montaxe e mantemento de parques eólicos, despediu o pasado ano a 160 empregados
O Comité de Empresa de Siemsa Galicia informou da convocatoria de asemblea de traballadores/as o vindeiro 20 de febreiro, para avaliar as medidas a levar a cabo diante da continua redución do cadro de persoal que dende o pasado ano se vén rexistrando (perdéronse xa 160 postos de traballo), así como do proceso iniciado pola dirección para crear de novas empresas para dividir as actividades que engloban a Siemsa.
27/11/2009
A empresa alega supostas causas estruturais e económicas
A fábrica de Rodycut Montenegro, que fai os troqueles rotativos para as caixas de
cartón e poliuretano, e que contaba até hai unha semana con 70 traballadores/as,
despediu a 7 persoas do seu persoal, alegando supostas causas estruturais e económicas. Das sete persoas despedidas nesta empresa de mecanizados hai algunha que conta máis de 16 anos de antigüidade, e desde a representación sindical sospeitan que poda haber máis despedimentos.
25/11/2009
Dende ás nove da mañá até as dez e media, para reclamar a regulación da contratación no sector
O xoves 26 de novembro está convocada a primeira das concentracións da asemblea de parados do Naval, que desde as nove da mañá e até as dez e media se mobilizarán diante do estaleiro de Barreras.
23/11/2009
Os delegados da CIG sospeitan que a dirección quere pechar a fábrica de Bergondo e despedir os 39 traballadores
Os delegados de persoal de TEGSA, pertencentes á CIG, veñen de anunciar o inicio de mobilizacións no mes de decembro se a dirección non se avén a manter unha xuntanza para aclarar o futuro da empresa e presentar un plano de viabilidade. Os delegados sospeitan que a compañía, propiedade do grupo Gamesa Eólica, se está preparando para botar o peche e despedir aos 39 empregados cos que conta na actualidade.