19/4/2013
O persoal cortou o acceso á cidade durante dúas horas e prendeu barricadas en tres puntos da Avenida do Esteiro
“Estamos nunha situación na que se nos esgota o tempo e non sabemos nada do futuro dos estaleiros”, advertía o co-resposábel comarcal da CIG de Ferrol, Manel Grandal, ao remate das mobilizacións que este venres desenvolveron os traballadores e traballadoras de Navantia e a industria auxiliar en demanda de carga de traballo e a construción do dique flotante.
23/11/2012
O traballador foi despedido pola auxiliar de Navantia por manifestarse contrario ao despedimento doutro compañeiro durante unha asemblea
O persoal de Navantia e das auxiliares volveron parar este venres durante dúas horas (o xoves fixérono durante catro horas) a actividade do estaleiro de Ferrol en protesta polo despedimento dun traballador de Atenasa, ao que a empresa acusa de “deslealdade” por ter manifestado durante unha asemblea a súa opinión contraria ao despedimento doutro compañeiro.
19/10/2012
O persoal afectado atópase nunha situación de total indefensión xa que levan 45 días sen traballo e o INEM non lles recoñece o dereito á prestación por desemprego
Traballadores/as de Maessa, empresa auxiliar de Navantia, concentráronse este venres diante do estaleiro de Ferrol en solidariedade coa situación que están a vivir dez compañeiros afectados por un ERE de extinción, aos que o servizo público de emprego non lles recoñece o dereito a cobrar a prestación por desemprego, porque a Inspección de Traballo emitiu un informe no que cuestiona a validez do ERE. Os traballadores/as realizaron unha concentración e comparecencia aos medios este venres para explicar a situación de indefensión na que se atopan tras 45 días sen traballo e sen poder cobrar o paro.
4/10/2012
A CIG critica o uso electoralista que o PP esta á a facer da crise do sector e esixe que se fixe unha data para a reunión da Comisión de Seguimento do dique
Miles de traballadores e traballadoras dos estaleiros da ría de Ferrol volveron levar ás rúas as súas reivindicacións en demanda de carga de traballo e a construción do dique flotante. Nesta ocasión realizaron unha queima simbólica dos orzamentos xerais do estado para o ano 2013, xa que neles non se contempla nin unha soa partida para o sector nin para a construción dunha infraestrutura “imprescindíbel” para garantir o futuro da industria naval na comarca, e dos miles de empregos que dela dependen.
19/9/2012
Os representantes do persoal de Navantia continúan o peche no Concello de Ferrol á espera de que se convoque a reunión da Comisión do Dique
A CIG deu a benvida á sinatura do contrato coa petroleira mexicana Pemex para construír dous barcos hoteis nos estaleiros de Ferrol e Vigo, para asistencia en mar a plataformas petrolíferas. Porén, a central nacionalista alerta que estes contratos non supoñen por si sós a salvación do sector naval público e privado en Galiza, tal e como pretende vender o Presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijoo, mentres non se garanta a construción do dique flotante para Navantia nin se resolva a problemática do tax lease para os estaleiros privados.
21/6/2012
A asemblea de traballadores/as acordou marchas a pé dende os estaleiros o martes 26 de xuño e peches nos centros o 4 de xullo
A asemblea de traballadores e traballadoras do naval de Ferrol acordou un novo calendario de mobilizacións para reclamar carga de traballo, que se cumpran os compromisos co sector e se concrete o apoio do goberno español á construción do novo dique flotante. Así, o vindeiro martes 26 de xuño haberá unha nova manifestación e o día 4 de xullo, peches dos cadros de persoal nas instalacións.
30/5/2012
A CIG reclama ao PP que tome unha decisión inmediata a respecto da construción do dique flotante e anima a participar na manifestación comarcal do día 10 de xuño
Miles de traballadores e traballadoras do naval volvían a saír este mércores en manifestación polas rúas de Ferrol en demanda de carga de traballo e a construción do dique flotante. Cun ton marcadamente máis contundente – reflexo da situación desesperada que vive o sector-, os traballadores/as dos estaleiros centraron as súas protestas nos edificios administrativos da Xunta e o Concello e denunciaron o desvío de cartos públicos para tapar os buracos da banca, nomeadamente do millonario rescate a Bankia, mentres os gobernos deixan agonizar un sector do que dependen 17.000 empregos na comarca.