19/7/2011
Realizaron tamén unha concentración diante da empresa en Santiago para lembrar a imposibilidade de manter o servizo tras o despedimento do 20% do persoal
Os traballadores e
traballadoras de MeteoGalicia realizaron hoxe un paro de media hora e unha
nova concentración de protesta para solicitar a readmisión
inmediata dos compañeiros/as despedidos o 30 de xuño,
logo de que a firma que xestiona o servizo, Tragsatec, esgrimira
“motivos de aforro económico”. O colectivo de traballadores/as
considera que este argumento “carece de fundamento” e que o que
incrementa os gastos “é manter o servizo a través de Tragsatec”
xa que se trata dun “verdadeiro desperdicio de diñeiro público”.
14/7/2011
Responsábeis da compañía mantiveron unha reunión coa Plataforma Tecnolóxica das TIC 'Vindeira' para ofrecerlles novos servizos
Arredor de 30
traballadores/as de Meteogalicia e sindicalistas da CIG
concentráronse hoxe diante da o edificio do CESGA, no Campus Sur de
Santiago de Compostela, onde se reunía varios membro da Plataforma
Tecnolóxica das TIC “Vindeira” convocados pola empresa de
predición meteorolóxica. A reunión fora proposta por Meteogalicia
para ofrecer ás TIC's novos servizos. Sen embargo, os
traballadores/as aproveitaron a xuntanza para denunciar que coa
redución do cadro de persoal “dificilmente se poida manter os
servizos que se veñen prestando até o de agora”.
11/7/2011
Solicitan unha entrevista co conselleiro para abordar a precariedade laboral existente no servizo de predición
Arredor de medio cento de persoas participaron hoxe na concentración
convocada diante da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de
Compostela para rexeitar os despedimentos en Meteogalicia.
Representantes sindicais entregaron por rexistro un escrito
solicitando unha xuntanza co conselleiro para explicarlle a
precariedade que se vive no servizo tras o desmantelamento do 20% do
seu cadro de persoal.
7/7/2011
Un empregado do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente denunciou tamén a cesión ilegal de traballadores
A CIG advertiu hoxe da
delicada situación na que se atopa o servizo de predición
metereolóxica Meteogalicia despois de que os seus responsábeis
decidisen prescindir do 20% do persoal. Ao mesmo tempo, un empregado
do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente denunciou a
cesión ilegal de traballadores/as da empresa Tragsatec.
17/8/2010
Critica o desmantelamento do Voluntariado en Defensa do Monte e a retirada das axudas aos concellos para labores de limpeza
A CIG reclámalle á Xunta
de Galiza que asuma a realidade e recoñeza o fracaso da súa
política de loita contra o lume, ao tempo que aposta pola apertura
de canles de participación de toda a sociedade co fin de implantar
unha estratexia única que prime a prevención por enriba da
extinción. Neste senso, critican o desmantelamento de instrumentos
eficaces como o Voluntariado en Defensa do Monte ou a retirada das axudas aos
Concellos para a súa limpeza, así como as condicións de
precariedade e falta de medios nas que realiza o seu traballo o
persoal das brigadas.
4/6/2009
Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño
A Confederación Intersindical Galega vén de adherirse ao manifesto “O medio ambiente necesítate: Unidos contra a crise e o cambio climático”, elaborado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2009, que se celebrará este 5 de xuño. Así mesmo, ADEGA ten convocado o sábado 6 de en Compostela, un acto reivindicativo de 11 da mañá ás 13:00 horas na praciña de San Fiz de Compostela, durante o que se dará lectura ao texto e se repartirá material informativo referente a esta data.
11/2/2009
Video en exclusiva gravado para este xornal dixital
En exclusiva para Avantar, disponibilizamos unhas imaxes da louseira de
Valdeorras Ipisa, onde se pode ver a situación de dúas balsas que
supoñen un grave risco para todos/as os habitantes da comarca de
Valdeorras, xa que a louseira está a botar ás aguas residuais sen
depurar que se empregan na fabrica da Medua para o serrado da lousa
diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei.
Nos próximos dias estas gravacións entregaranse nunha denuncia á
Consellaria de Medio Ambiente, para que sexa coñecedora do que está a
acontecer en Ipisa.