Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
cita previa
31/8/2010 CIG-Saúde reclama unha central de chamadas pública, racional e que evite as excesivas cargas de traballo ao persoal dos centros
O Goberno galego vai gastar dous millóns de euros para privatizar o servizo de cita previa de Atención Primaria, unha decisión que critican con dureza dende a CIG-Saúde, xa que, alén de avanzar no proceso de privatización da sanidade pública, esta nova contrata favorecerá a creación de emprego precario. A Federación de Saúde da CIG esixe a Xunta a promoción dun modelo máis racional e austero e que destine eses millóns de euros á contratación de persoal estatutario para alixeirar a sobrecarga de traballo que padecen os empregados/as dos centros sanitarios.
15/1/2009 Denuncian a privatización do servizo de cita previa na atención primaria
Traballadores e traballadoras dos centros de saúde de toda Galiza e das Xerencias de Atención Primaria pararon a súa actividade a media mañá para concentrarse contra a privatización do servizo de cita previa. Con este acto pretendían trasladar á dirección do SERGAS o desacordo que existe entre o conxunto do persoal contra este modelo, que estará xestionado por unha empresa privada que terá acceso aos datos das tarxetas sanitarias dos usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde.  
9/1/2009 O xoves 15 de xaneiro ás 12:00 horasnos Centros de Saúde e diante das Xerencias de Atención Primaria
A Federación de Saúde da CIG vén de convocar concentracións en todos os centros de saúde e diante das Xerencias de Atención Primaria o vindeiro xoves 15 de xaneiro a partir das 12:00 do mediodía. A través da convocatoria quérese denunciar a privatización do sistema de cita previa na Atención Primaria.
9/10/2008 Precarización e riscos para os usuarios e usuarias do Sergas
O novo servizo do Sergas ‘Saúde en liña’ entrou nesta segunda semana de outubro en funcionamento, adxudicándolle o desenvolvemento destas funcións a unha empresa privada, servizo suministrado polo Callcenter. Todas as chamadas telefónicas de citación previa dos centros de saúde da provincia de Ourense, deste xeito, pasarán por este novo servizo. A CIG Saúde critica esta nova privatización, xa que “este servizo debe funcionar con traballadores e traballadoras do Sergas e cun control exhaustivo dos datos sensíbeis dos e das usuarias”.
22/9/2008 Solicitan que sexa xestionado directamente polo SERGAS
O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa privada para que monte unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería de Atención Primaria. Para dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com